• Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

Actividades

La categoría contiene 3 entradas del blog realizadas por equipos de blog
1387

 

VF4C1F3 192923

No Día Internacional dos Bosques consultamos a Uxío González Pérez, Presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo, a súa percepción sobre a nosa situación tras a vaga de incendios.

-Qué sensación quédache respecto á situación dos bosques tras os lumes de outubro 2017?
-Antes de outubro non era capaz de velo, pero agora sí se ve que o cambio climático é moito mais serio do que se dice.

-E respecto aos Montes de Vigo?
-Pois era impensable unha traxedia destas características en Vigo, pero está claro que pode ocurrir en calquer lugar.

-Por cal medida urxente apostarías para salvar os bosques do planeta?
-Hai que facerlle caso aos técnicos que dicen que ou tomamos medidas xá ou perdémolo todo. Cambiar rotundamente a política forestal no Estado e investir na prevención canto antes.

-Qué aporta a xestión comunal dos veciños á sustentabilidade dos bosques?
-Grazas á xestión comunal e nos últimos 30 anos, aínda temos na maioría do territorio uns montes decentes. Se non fose así sería un desastre, os montes estarían todos en absoluto abandono, como pasa actualmente coas propiedades privadas.

-Onde ves o maior raio de esperanza para poder salvalos?
-Desgraciadamente non teño demasiada esperanza en que isto cambie radicalmente, ben é certo que os lumes de Vigo van a contribuir a que o Pdte. da Xunta, Alberto Núñez Feijóo cambie o paso. Ata o de agora ardían As Neves, Cañiza, Verín, etc. e non pasaba nada, pero 350.000 persoas son moitas persoas.

En Montes de Vigo, tras os incendios que trastornarono noso proxecto e sementaron de dor o final do noso ano 2017, tomamos con forza e renovado entusiasmo a nosa nova etapa. Temos moitos fermosos bosques para seguir protexendo, son trece comunidades de montes das que cinco se queimaron en distintas proporcións. Seguimos árborea árbore, hectárea a hectárea, proxectoa proxectoconstruíndo de novo o futuro dos nosos comuneiros, as súas familias e contribuíndo ao equilibrio ecolóxico de Vigo e do mundo.

Co proxecto "Eu colaboro ca rexeneración dos Montes de Vigo",

convidámosche a conseguilo!

RexeneracionLogo

 

Continuar leyendo
960

16Alba Diz Pereira2

Os alumnos de Zona5 Edad, Escuela de Arte Gráfico de Vigo, hicieron en Coruxo un importante rexistro del trabajo de los voluntarios que fue la portada de la Revista Montes de Vigo Nº 4. Esta foto es de Alba Diz Pereira. 

 

As árbores poden rexenerarse en 20 ou 30 anos, se falamos das de máis rápido crecemento. As outras, as frondosas levan máis tempo pero bastan uns poucos anos para empezar a coller castañas ou cogumelos que surxen ao seu carón, no outono. En cinco das trece comunidades de montes afectadas pola vaga de lumes daquel 15 de outubro, da nosa Mancomunidade de Montes, este proceso de replantar e volver a medrar será necesario.

22780693 1527100357374426 2616000498033410594 n

Os primeiros en sair a cubrir do manto de palla os seus montes foron os comuneiros de Valladares coa axuda de voluntarios espontáneos. (Foto Gregorio Álvarez Pereira)

 

O que si é duro e difícil é leva, non anos senon siglos recuperar é a destrucción do solo. Lembraremos sempre a importante labor que fixeron os voluntarios e voluntarias, maiores ou non, que nos axudáron na fermosa tarea de reter os nutrientes do chan coas amarelas hebras de palla, foi o traballo entusiasta e un tanto desesperado do mulching. Conseguimos entre todos, concello, comuneiros, sociedade, e voluntarios reter o noso preciado solo e facer posible un futuro para este monte. Grazas a eles ese futuro é posible, había moitos metros por cubrir e a súa contribución coa natureza viguesa será a súa mellor recompensa.

Foto 0136-2

En Matamá, fíxose un rexistro pormenorizado da desfeita e do traballo. (Foto Indalecio Bastos)

 

A boa noticia é que o traballo deu os seus frutos!!

Os solos de Valladares, Coruxo, Matamá, Comesaña e Zamáns resistiron as choivas, que afortunadamente non foron tan duras. A auga drenou suavemente, humedecendo moitas áreas. Penetrou con calma cara ao interno da terra. Houbo partes moi pequenas onde puido haber algo de dano, pero en xeral ao longo deste ano iremos preparando todo para reiniciar o ciclo.

 

Foto 0093-2

Reunión previa ao traballo dos voluntarios e voluntarias es Matamá. Un pequeno recuncho que salvouse da destrución. (Foto Indalecio Bastos) 

 

Outros montes da Galiza non tiveron a mesma sorte, nen tiñan unha cidadanía que os protexera.

 

IMG 3375-2

 

Houbo mantos de protección que deixou a propia natureza. En Comesaña. Pequeno rincón que salvouse aquel día.  (Foto Eurídice Castillo)

Queremos deste xeito agradecer e saudar o novo percorrido do programa mediomabiental do Concello de Vigo, o Camiño a Camiño, que leva adiante a Concellería de Medio Ambiente e Vida Saudable. Inicia o seu camiño do 2018 este sábado 10 de febreiro en Comesaña.

Por Eurídice Castillo

Continuar leyendo
1064

Emocionante xornada de recoñecemento aos voluntarios do Programa de Educación Ambiental do Concello de Vigo, "Camiño a camiño". Fíxose a homenaxe ás mulleres, maiores e pequenos que nos axudaron a atender a emerxencia tras os incendios de outubro. O evento foi o sábado pola noite no Auditorium da CVC de Valladares.

No "Festival Solidario polos Montes Queimados", que tivo lugar no Auditorium de Valladares, o sábado 27 de xaneiro, contouse coa presenza do Alcalde de Vigo, Abel Caballero e a representación de Uxío González Pérez, Presidente de Montes de Vigo, e do anfitrión Gregorio Ezequiel Alvarez Pereira, a alma tras este evento. 

FestivalSolidario3

O Alcalde tomou a palabra para relatar o vivido nese día. Felicitou aos voluntarios e a todos oos que axudaron no caótico escenario. Mencionou tamén o Anel Verde que protexerá a cidade con especies autóctonas. Salientou a colaboración do Concello coa Mancomunidade de Montes de Vigo e a destinación dunha partida presupuestaria para a loita a favor dos montes da cidade. 

No evento participaron o Grupo Folklórico da SVCD Nautilus de Comesaña, a Xinela da AVV de Zamáns, Cantareiras do Alba, do CVC de Valladares, Acordeóns da SCD Atlántida de Matamá, Pandeireteiras "A Buxaina", de Coruxo e o grupo Fol-k-de Coiro da SCDR Helios de Bembrive 

FestivalSolidario4

Uxío González tamén tomou a palabra para agradecer aos voluntarios o traballo feito para protexer o solo queimado antes da chegada das choivas nas cinco comunidades de montes afectadas: Valladares, Coruxo, Matamá, Comesaña e Zamáns. 

FestivalSolidario5

Festival Solidario

 

Continuar leyendo
1115

Vigolandia 2017 - Poster

 

VIGOLANDIA 2017, A FESTA DO NADAL!! 

Montes de Vigo estará presente no gran evento dirixido aos nenos e nenas vigueses no nadal por segundo ano consecutivo. Neste ano cunha nova realidade que cumpre abordar de xeito activo e positivo. A proposta é de sensibilización cas novas realidades dos montes. O evento levarase a cabo: 

Datas: Martes 26 ás 16.00 ata as 20.00 horas

           Mércores 27 ao sábado 30, de 12.00 a 20.00 horas.

Lugar: Instituto Ferial de Vigo, IFEVI


A proposta lúdico-educativa que se vai presentar para toda a familia consiste en:

- Exposicións:
  . Unha lingua de lume atravesa os montes de Vigo (premer para ver en versión dixital)
  . Quen habita nos montes de Vigo

- Actividades permanentes:
  . Obradoiros de manualidades relacionados co monte
  . Xogos tradicionais
  . Boulder de escalada
  . Rastrexo por Vigolandia

Actividades puntuais:
  . Obradoiro "Sementa unha árbore nos montes de Vigo" (Stand Coca Cola)
  . Obradoiro sobre as consecuencias dos incendios nos montes. 

 

Campaña "Rexeneramos os montes de Vigo

 

Cartel Camiseta solidaria

No evento vanse promover varias actuacións de colaboración na rexeneración dos montes queimados, as máis importantes son:


1. Apadrinamento dunha árbore. Coas sementes prantadas nun obradoiro, realizado no stand de Coca Cola, vaise iniciar un banco de sementes para facer plantacións a partires de febreriro de 2018 e ata o 2019.

Stand

 coca-cola-logo

13.00 - 16.30 - 18.30h

2. Unha camiseta, un árbore. Coa achega de 5 euros obtense unha camiseta, de xeito que o 50% adícase á plantación de frondosas para a rexeneración de montes queimados e a creación dun Anel Verde. Promoverase a inscrición nas actividades de rexeneración. 

Stand 

LogoMV2

Toda a tarde. 

 

Esperamosvos en Vigolandia!! 




 

Continuar leyendo
1518

IVXornadaFroitos

 

 

 

Por cuarto ano consecutivo vanse celebrar en Comesaña as Xornadas Froitos do noso Monte. A seca deste ano 2017, non é suficiente para deter a forza da nosa natureza e da determinación de gozar o que somos, e dos nosos pratos de tempada. 

Este ano contaremos para dar a charla con Damián Copena, do Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecolóxica, quen nos axudará a seguir coñecendo máis sobre unha das oportunidades que temos para a dinamización local: os froitos do noso monte.

Venres 24 de Novembro de 2017
19h30 a 21h30

Pechamos como cada ano a xornada cunha degustación a cargo da Agrupación Micolóxica "A Zarrota".

É necesaria inscricións, na páxina
montesdevigo.blogspot.com ou
chamando ao 608848989.

Continuar leyendo
1977

IMG 1406-Bis

Mostrar aos vigueses todo o espectro de posibles paseos, sendeiros e combinacións que ofrecen os montes que circundan a cidade, foi o obxectivo da IV Andaina polos Montes de Vigo celebrado o domingo 28 de maio. Foron anos de preparar camiños e a súa sinalización cumprindo co desexo da cidadanía de facer das montañas que circundan a cidade un lugar de esparexemento e liberación para a vida diaria. As novidades foron este ano a pequerruta e un programa para persoas de mobilidade reducida.

A organización foi un traballo de coidada loxística trazada desde o Concello de Vigo, coa estreita colaboración en todas as instancias pola Mancomunidade de Montes. Os Montes de Vigo contan con 128 km que inclúen o Sendeiro Panorámico de Vigo, (GR-53) e oito sendeiros locais trazados ata o momento e que atravesan Saiáns, Matamá-Comesaña, Valladares, Zamáns, Bembrive-Beade, Cabral e Candeán.

IVAndainaCollage3

O evento congregou nesta ocasión a preto de 1200 persoas entre maiores, adultos, xoves e nenos, co que se converteu nun éxito de convocatoria e crítica. O tempo acompañou cun día que acrecentaba a súa frescura baixo a sombra das árbores.  O cheiro a humidade, os rumores do monte e o intercambio entre viandantes foron constantes en todos os percorridos.

A xornada comezou ás 7 da mañá esperando os buses para a xente inscrita no percorrido máis longo frente ao concello.  Os andariegos estaban dotados de camisetas, que este ano consistiu na súa versión verde patrocinadas polo Corte Inglés, quen ademais concentraron unha parte das inscricións. En distintos puntos do monte tamén, ofreceuse aos participantes avituallamientos patrocinados por Eroski-Center facendo o percorrido máis san e agradable pola nutrición e hidratación cando máis se necesita.

IV AndainaCollage1

Ademais, no Parque Forestal de Beade onde desembocaron todos os percorridos ao longo do día, esperamos a todos cunha comida que permitiu repoñer forzas. Para os nenos que fixeron a pequerruta, despregouse un circuíto de multiaventura que lles motivou a retarse a si mesmos coa través de montañas de escalada, tirolina, tiro con arco para os más maiores, así como outro específico con saltos  e actividades motrices e xogos de puntería para os máis peques.

 

Para a concelleira de Medio Ambiente e Saúde, Chus Lago, o obxectivo é que ese 17% do territorio do concello sexa recoñecido polos cidadáns como unha opción de lecer apto para fomentar formas de vida saudables e harmónicas co medio ambiente. 

IVAndainaCollage2

Percorridos da IV Andaina

Para a Mancomunidade de Montes de Vigo e as comunidades de montes a organización dos trazados significou un uso intenso de recursos e loxística. Dicímolo con satisfacción, pois demostramos como algunhas das posibles combinacións que ofrecemos poden responder a todo tipo de necesidades de dificultade e variedade.  

Tres tramos foron trazados de 20, 8,9 e 11,2 quilómetros que combinados entre eles deron lugar a 6 percorridos distintos para 6 tipos distintos de dificultade. Rutas que quedan feitas para quen desexe percorrelas:

Tramos

Tramo 1: variante da Senda panorámica de Vigo (GR-53). Vigozoo – Parque Forestal de Vixiador (Candeán) – Parque Forestal de Bandeira (Cabral) – Área Recreativa de Baladas (Cabral) – IFEVI – Parque Forestal de Cotogrande (Cabral) – Gorxal – Rotonda do Rebullón – Área Recreativa do Pouso (Bembrive)
Distancia: 20 quilómetros. Duración: 4 horas 45 minutos (estimación media). Conecta co tramo 2.
Convocatoria na Praza do Rei: 7:00. Inicio estimado: 8:15 en Vigozoo

Tramo 2: variante do Sendeiro local de Bembrive-Beade. Área Recreativa do Pouso (Bembrive) – Aldea da Fraga (Bembrive) – Fonte de Friales (Beade) – Alto de Quintiáns (Beade) – Parque Forestal de Beade
Distancia: 8,9 quilómetros. Duración: 2 horas (estimación media). Conecta co tramo 3.
Convocatoria na Praza do Rei: 8:30. Inicio estimado: 9:30 en Área Recreativa do Pouso

Tramo 3: percorrido circular ao redor do CUVI. Parque Forestal de Beade – Montes de Sobreira (Valladares) – Parque infantil de Zamáns (debaixo da rotonda do Cuvi) – Montes de Zamáns – Lagoas CUVI – Parque Forestal de Beade
Distancia: 11,2 quilómetros. Duración: 3 horas (estimación media).
Convocatoria na Praza do Rei: 10:00. Convocatoria no Parque Forestal de Beade: 10:30. Inicio estimado: 11:30 en Parque Forestal de Beade

 IVANdainaMapa

Percorridos

Percorrido 1. Andaina completa (40,1 quilómetros, 9 horas 30 minutos): Tramo 1 + Tramo 2 + Tramo 3.
Recomendación: para sendeiristas de longa travesía e deportistas de fondo. Dificultade: moi alta. Observación: prosigue despois da hora do xantar.

Percorrido 2. Andaina media 1 (28,9 quilómetros, 6 horas 45 minutos): Tramo 1 + Tramo 2
Recomendación: para sendeiristas de travesía e deportistas de fondo. Dificultade: alta. Observación: remátase na hora do xantar.

Percorrido 3. Andaina media 2 (20,1 quilómetros, 5 horas 30 minutos): Tramo 2 + Tramo 3
Recomendación: para sendeiristas e deportistas en xeral. Dificultade: media. Observación: remátase na hora do xantar.

Percorrido 4. Andaina curta (11,2 quilómetros, 3 horas): Tramo 3
Recomendación: para todos os públicos, particularmente familias con menores. Dificultade: baixa. Observación: remátase na hora do xantar.

Pequerruta, (1,2 quilómetros, 1 horas 30 minutos).

Ruta adaptada, (3 sillas adaptadas y sus porteadores).

 

Máis:

http://caminoacaminovigo.blogspot.com.es/2017/05/iv-andaina2017fotos.html

http://montesdevigo.blogspot.com.es/2017/05/ivandaina2017.html

http://andainamontesvigo.blogspot.com.es/

 

 

Por Euri Castillo (@EudelCastillo)

 

Continuar leyendo
2177

A Mancomunidade de Montes de Vigo organizou o 18 de novembro as III Xornadas Froitos do noso monte, que xunto coas castañas e a oliva que retorna con bríos a terras de Candeán, forman parte da nosa produción. A xornada tivo tres partes: unha charla sobre a oliva en Galiza, outra para axudar a entender os cogomelos e finalmente a degustación preparada polos especialistas da Asociación Micolóxica A Zarrota.

O evento levouse a cabo no edificio da Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Nautilus de Comesaña e contou coa asistencia de uns 50 comuneiros e público en xeral interesados na formación.

14877879 1165187800184587 63027080 n.jpg

Esta actividade enmárcouse no obxectivo de aproveitamento sustentable dos recursos que nos ofrecen os nosos montes. A charla denominada "O Mundo dos Cogomelos" impartiuna Manuel Domínguez, licenciado en bioloxía e educador ambiental que traballa na empresa Babadiva Ambiental. José Galán, de Aceites José Galán, disertou sobre “As plantación de oliveira en Galicia”.

Continuar leyendo
2144

Froitos 2

 

 

Cando chega o outono, chegan con forza os froitos do bosque. Entre eles están os cogomelos que teñen os seus misterios e necesitan ser descubertos e coñecidos en profundidade antes de acercarse a eles: os hai que se comen e outros non. Por eso desde Montes de Vigo invitamos a coñecelos e a descubrir tamén o mundo da oliva que se expande en Galicia e tamén na Comunidade de Montes de Candeán.

Montes de Vigo invita o próximo venres, 18 de novembro entre as 19.00 e 21.00h no Edificio da Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Nautilus, en Comesaña a aprender sobre estes froitos. Os que se achequen teñen premio ao final da xornada: Degustación de cogomelos e castañas asadas!

 

Inscricións no enderezo: Área Social do Monte

Programa do evento:

 

19.00h  Apertura e presentación

19.10h  As plantacións de oliveira en Galicia José Galán

            A historia da olivera en Galicia

            A olivicultura moderna na nosa comunidade

            Realizacións de plantacións de oliveira en Galicia

            Coidados básicos e rendibilidade da oliveira

19.50h  O Mundo dos cogomelos | Manuel Domínguez Rey

            Nutrición, crecemento e reprodución

            Partes e crecemento dun cogomelo

            Consellos de recolección e comportamento

            Lexislación

            Clasificación

20.30h Degustación de cogomelos e de castañas asadas. | Ag Micolóxica a  Zarrota

Continuar leyendo
4543

Xa falta menos para a proba definitiva da Copa Galega de Carreiras por Montaña da FGM: o III Trail Montes de Vigo. A proba levarase a cabo o 30 de outubro en tres categorías distintas: Trail, Mini Trail e Trail Popular.

Esta proba é a última do ano da Copa Galega de Montaña e nela entregaránse os trofeos aos tres primeiros de cada categoría.  As anteriores probas foron as de Viveiro, Mondoñedo, Maceda, Moaña, Chandrexa de Queixa, Cuntis, e Parada do Sil. Ao non celebrarse a de Mondariz o III Trail Montes de Vigo é a proba definitiva para a clasificación do ano na nosa comunidade.

III Trail-DEFINITIVO-3

Nesta proba poderán participar as persoas que o desexen maiores de 18 anos. As inscricións están abertas  ata o 26 de outubro na páxina específica do Clube Xistra de Montaña, organizador junto con Montes de Vigo do evento.


 Contará con tres categorías que empezan e acaban en Fragoselo, pero con tres rutas distintas:

Trail de 35 quilometros e 2.100 metros de desnivel

Hora de comezo: 9:00
Lugar: Fragoselo – Vigo
Distancia: 35 km, 2100 desnivel positivo acumulado

Trail30-10

Mini Trail cun percorrido de 19 quilometros e 1.200 metros de desnivel

Hora de comezo: 9:00
Lugar: Fragoselo – Vigo
Distancia: 19 km, 1200 desnivel positivo acumulado

MIniTrail

Trail popular de 10 quilometros e 600 metros de desnivel

Hora de comezo: 9:30
Lugar: Fragoselo – Vigo
Distancia: 10 km, 600 desnivel positivo acumulado

POpular

O número de participantes está limitado a 450 corredores/as e a inscrición da dereito, ademáis da participación no evento, a seguros de RC e Asistencia Sanitaria, avituallamentos de carreira e regalos varios.

A proba non sería posible sen a colaboración de institucións que prestan o seu apoio para conseguir un evento en condicións óptimas para os participantes. No III Trail participan:

  • Concello de Vigo
  • Xunta de Galicia - Deporte Galego
  • Federación Galega de Montaña
  • Decathlon Vigo
  • Coca Cola
  • Massini
  • Master Cadena-Hermida
  • Frutas Nieves
  • Inquedanzas Sonoras
  • Aceite Abril
  • Federación Galega de Montañismo
  • Coruxo F.C.

Para rexistrarse, as persoas interesada poden facelo páxina do Clube Xistra e consultar o seu regulamento.

Continuar leyendo
2216

Sen os Montes de Vigo non se pode entender a cidade de Vigo. Definen a outra metade do seu horizonte, xunto ao mar. A súa vocación é a de ofrecer á cidade toda unha gama de posibilidades de recreación, san deporte e entretemento. Ese conxunto forma parte do seu uso social diverso en cada unha das súas 13 comunidades de montes. Cada unha coas súas paisaxes particulares, que ofrecen diversión natural e cultural de gran diversidade aos que se achegan a visitalos.

Como parte desta realidade organizouse todo un conxunto de actividades baixo o nome de Área de Uso Social do Montes e nesta recta final do ano a programación de Outono 2016 comprende xa un bo número de diversas opcións de lecer.

 

1. Paseos guiados polos montes de Vigo, con magosto ao finalizar

2. Visitas a lugares con encante nos Montes de Vigo


Inscrición nas actividades: premer aqui

Máis información no tfno: 608 84 89 89

 

1. PASEOS GUIADOS POLOS MONTES DE VIGO, con magosto ao finalizar

Aberto a todos os públicos. Ao longo do paseo abordaranse contidos relacionados coa historia, patrimonio e entorno ambiental dos montes transitados.
Achega de participación: 2 euros, a abonar no momento de inicio da actividade. 1 euro para membros do Club de amigos/as dos montes de Vigo.
Inscrición: premer aqui
 
 
Paseo polos montes de Oia e Saiáns
Sábado, 22 outubro, 17:00-20:00. 
Punto de inicio: Parque forestal de Saiáns
Magosto ao remate.
 
Paseo polos montes de Beade e Bembrive
Sábado, 29 outubro, 17:00-20:00. 
Punto de inicio: Parque forestal de Beade
Magosto ao remate.
 
Paseo polos montes de Cabral e Candeán
Sábado, 5 novembro, 17:00-20:00. 
Punto de inicio: Parque forestal de Vixiador
Magosto ao remate.
 
Paseo polos montes de Zamáns
Sábado, 12 novembro, 17:00-20:00. 
Punto de inicio: Parque forestal de Zamáns
Magosto ao remate.
 
2. VISITAS A LUGARES CON ENCANTO NOS MONTES DE VIGO
Aberto a todos os públicos. Ao longo do paseo abordaranse contidos específicos relacionados co lugar visitado. Na medida do posible avanzarase información a través deste blog en relación coa temática abordada.
 
Achega de participación: 2 euros, a abonar no momento de inicio da actividade. Gratuíto para membros do Club de amigos/as dos montes de Vigo.
Inscrición: premer aqui
 
Visita ao Parque botánico do Arco da Vella (Bembrive)
Mércores, 12 outubro, 10:30-13:30. 
Punto de inicio: Capela de San Cibrao ou dos Ramallos
 
 
Percorrido polo Camiño Real entre Valladares e Comesaña
Martes, 1 novembro, 10:30-13:30. 
Punto de inicio: Sanatorio do Alba
Continuar leyendo
2965

Foron 85 os pioneiros, inscritos cos seus nomes e apelidos, os chamados a empezar a traxectoria da Marcha Ciclista polos Montes de Vigo, celebrada nun fermoso domingo de sol por sendeiros de Candeán, Cabral e Teis. A convocatoria foi un pouco rápida, pero os asistentes reflectiron con entusiasmo que a semente quedou ben asentada.
A marcha ciclista, convocada para as 11 da mañá, saíu finalmente ás 11.20 tras a recollida de dorsais. O Concello de Vigo apoiou coa presenza do Concelleiro de Tráfico Sr. Carlos López Font e o Concelleiro de Fomento, Limpeza e Contratación,  David Regades Fernández, e este último foi quen de acompañar en bicicleta de montaña. Damos as grazas aos colaboradores: Supermercados Froiz, Aguas de Mondariz, Marka Informática e 2.0 club BTT que demostran con cada actividade e cada ano a súa fidelidade e compromiso coa causa da bicicleta e os Montes de Vigo. Grazas tamén á xunta directiva, os socios e a Alejandro, de Bicicleando.  
Houbo no ambiente e o espírito dos asistentes a vocación de manter esta actividade no tempo. O ánimo estupendo nun día cheo de sol para gozar coa natureza deixárono claro: hai ganas de continuar e entender que os nosos montes están acondicionados para o seu goce con seguridade e comodidade e son aptos para o desprazamento recreativo. Tamén con bicicleta, resaltando isto último na semana da mobilidade.
O percorrido deste domingo foi: Área forestal Vixiador-Candeán - Baixada a área forestal Bandeira-Cabral -Subida a monte Vixiador por rúa Carballal - Paso intermedio por área foresta Vixiador - Baixada a área forestal Teis - Madroa por Camiño dá Devesa e zona deportiva da Madroa - Parada non miradoiro dá Madroa - Volta a Vixiador con paso pola estrada ao cemiterio de Candeán e camiño dá Devesa - finalización de ruta na área forestal Vixiador - Candeán.
Paradas intermedias: 1. Área forestal de Cabral, 2. Área forestal de Vixiador 3. Área forestal-miradoiro dá Madroa - Teis. Distancia total: 12 km.
Veciños de todas as idades avituallaron no miradoiro do zoo e chegaron sobre as 13:15 horas.
Uxío González, presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo e José Manuel Suárez, presidente da asociación A Golpe de Pedal Vigo mostráronse satisfeitos da I Marcha Ciclista polos Montes de Vigo e convencidos do nacemento dun novo costume nos Montes de Vigo.

Reseña do Atlántico Diario: Un centenar de ciclistas por los Montes de Vigo

Continuar leyendo
3207

Hai moitas formas de gozar do monte: andando a pe, de picnic, estudándoo,  meditando, fotografándoo, por exemplo, e en Vigo tamén,  nas moitas actividades que se están preparando como parte da súa programación de Outono para favorecer a Área de Uso Social do Monte. Este domingo 2 de outubro haberá un fito importante dentro deste conxunto de actividades: por primeira vez celébrase a Marcha Ciclista polos Montes de Vigo.

A actividade é organizada por Montes de Vigo e pola asociación A Golpe de Pedal Vigo.  O obxectivo é facer consciente aos cidadáns de todo o potencial de saúde, entretemento e paseo que teñen as 13 comunidades de montes e, por outra banda, a forma de facelo a través dun medio que diversifica a mobilidade de forma sustentable como é a bicicleta.

José Manuel , da AGDPVigo e Uxío, de Montes, informaron que este evento é popular,  dirixido a toda a familia. Non ten interese deportivo ou de competición e enmárcase nas políticas activas de promoción deste medio que desenvolve la AGDPVigo como a recollida de bicis para a súa redistribución, o impulso de mocións a favor doutra mobilidade ou a “Pedaliña” que se celebra en plena cidade.

A actividade require primeiro unha inscrición en dous posibles formularios:

Inscrición na Área de Uso Social do Monte, ou en AGDPVigo

O día domingo 2 de outubro, rógase chegar cedo pois haberá recollida de dorsais antes da carreira, no Monte Vixiador e comeza puntual.  A actividade prolongarase de forma relaxada ata as 13.00h por traxectos das comunidades de montes de Candeán, Teis y Cabral para unha mañá de lecer dos nosos montes. Se a xornada ten acollida, a idea e repetila cada ano.

Continuar leyendo
Powered by EasyBlog for Joomla!