• Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

Últimas Novas

La categoría contiene 10 entradas del blog realizadas por equipos de blog
69

Calma2-3

Un inmenso impacto provocaron os lumse nos montes da Mancomunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vigo. O feito constatouse polos representantes das comunidades de montes na primeira reunión da colectivo despois da vaga de lumes do triste domingo, 15 de outubro de 2017. A xuntanza foi convocada para facer unha primeira estimación da superficie queimada e do acontecido. Os montes veciñais de Coruxo, Comesaña, Matamá e Valladares quedaron prácticamente arrasados polo lume que foi devorando todo o que atopou ao seu paso cunha voracidade sen precedentes. Tampouco quedou mellor parado o paraxe do Galiñeiro. O lume arrasou tamén cunha parte da superficie do monte veciñal de Zamáns, dentro da conca do embalse que se atopa nesa parroquia.

O sentir dos representantes das comunidades que asistiron á reunión foi de profunda pena por todo o acontecido, lamentando a perda de vidas humanas irreparables para os seus coñecidos, familiares e para a propia comunidade de montes. Igual se lamenta a perda de bens materiais e, en especial, o ben natural que, con moito esforzo, levábase potenciando ao longo dos últimos 30 anos.

Lumes en Montes de Vigo

“Nunca antes se deu o que aconteceu o pasado domingo. O estado dos montes de Vigo foi dende sempre moi bo, sendo un aspecto destacado por todo aquel que se achegaba aos mesmos coincidindo con eventos deportivos ou de lecer”. Na reunión constatouse a impotencia vivida polas persoas que colaboraron na extinción do lume, tanto comuneiros como numerosos voluntarios. A forza, velocidade e voracidade das chamas foi inusitada.

Dende fai cinco anos, coincidindo co inicio da colaboración co Concello de Vigo no mantemento e mellora dos montes veciñais, este estado mellorou aínda máis. Pero todo isto non foi suficiente para frear o lume, que avanzou a gran velocidade polos montes resultando imposible de parar.

“Só cando o vento se poñía da nosa man, foi posible facerlle fronte mediante a realización de contralumes, aproveitando pistas ou masas consolidadas de frondosas” indica Uxío González, presidente da Mancomunidade. Por exemplo, na zona suroeste dos Montes de Vigo só resultou posible salvar os montes veciñais de Saiáns e Oia aproveitando que o vento permitiu facer unha contra de 1,5 quilómetros.

LumesMontesVigo

“Na reunión pareceu constatarse certa falta de previsión do risco que supoña ese fin de semana para os nosos montes e cremos que o dispositivo contraincendios resultaba escaso tendo en conta as condicións previstas de baixa humidade, temperaturas altas e, sobre todo, fortes rachas de vento. Aínda así, foi unha situación tan excepcional que creemos que, aínda que se contase con maior cantidade de medios, non sería posible mudar de xeito significativo a situación tan dramática que se viviu”, conclúe Uxío González.

Como resultado da reunión estableceuse unha axenda de contactos tanto con estamentos políticos (principalmente Concello) como con outras organizacións do sector co obxectivo de iniciar os traballos de recuperación das zonas afectadas. Tamén búscase ordenar esa superficie de xeito que se poida facer fronte a lumes cada vez máis voraces, lumes que, ao sentir dos presentes na reunión, van ser comúns no futuro polo paulatino abandono do monte e os efectos do cambio climático.

Gregorio Álvarez, vicepresidente da Mancomunidade e presidente do monte veciñal de Valladares, un dos máis afectados, amosa un raio de esperanza a toda esta situación: “Non todo foi negativo neste domingo negro. Emocionounos a implicación das persoas, especialmente da xuventude, nos traballos de extinción do lume. Foron moitas as persoas que se achegaron ao monte a botar unha man, vindo co que podían e poñéndose a disposición nosa para tratar de frear o avance das chamas. Accións como esas fannos reflexionar de xeito moi positivo en relación ao futuro, -continúa- fannos ver que tal vez non sexa tan negro como están agora os nosos montes xa que considero que a implicación das persoas pode axudar a mudar a situación ao que se viu abocada unha parte importante da superficie forestal do concello de Vigo”.

En relación co anterior, na reunión estívose valorando como xestionar as numerosas ofertas de colaboración recibidas de persoas que, a través de diferentes organizacións, se están apuntando para botar unha man nas tarefas de restauración dos nosos montes.

É necesario ter en conta que o proceso de recuperación da superficie queimada ten diferentes fases que deben ser levadas a cabo con calma e prudencia para non provocar un impacto aínda máis negativo sobre un entorno xa moi debilitado. “Un primeiro paso será estabilizar a superficie para evitar, na medida do posible, os efectos erosivos que poidan producir as previsibles choivas do outono e inverno. Neste sentido estase a valorar as mellores medidas para tratar de desenvolvelas o longo dos próximos días en estreita colaboración con concello de Vigo, -indica o equipo técnico da Mancomunidade-, así poderase artellar actuacións definidas con obxectivos concretos, sen que esas actuacións poidan prexudicar as posteriores actuacións que se levarán a cabo para a recuperación do estado natural previo ao lume unha vez poida ser retirada a madeira queimada”.

Polo de agora xa se está a traballar nunha ordenación adecuada da superficie queimada para reducir o impacto futuro de lumes como o vivido. De aí que se lles pida as persoas que queiran colaborar connosco certa paciencia porque as accións que se tomen de modo precipitado poden ter importantes repercusións no futuro.  É importante marcar o camiño adecuado dende un primeiro momento. Debe facerse una avaliación de que facer en cada un dos montes afectados, cunha planificación técnica que permita un resultado óptimo das medidas que se tomen. “Estanse a ter contactos co Concello de Vigo para avaliar como poder artellar e coordinar a vontade de colaboración de todas estas persoas persoas sen poñer en risco a súa integridade física tendo en conta o perigo que revisten certos traballos no monte e as responsabilidades que esto supón para a Mancomunidade”, indicou Uxío González.

Accións para restaurar o terreo e o traballo perdido

Concellería de Medio Ambiente do Concello de Vigo infórmase que se procederá a modificar a programación do programa medioambiental, Camiño a Camiño, prevista para os meses de outubro e novembro debido á Catástrofe incendiaria sofrida nos Montes de Vigo.

Por tal motivo, está previsto substituír os percorridos pola Senda Panorámica de Vigo (GR-53) e as actuacións ordinarias de voluntariado de Camiño a Camiño en Sendeiros por actuacións nos montes de Vigo.

Está previsto que este luns 23 de outubro se coñezan tanto as actuacións a realizar o domingo 29 de outubro pola mañá (que substitúen á ruta prevista), como as actuacións a realizar durante os días de semana.

Darase deste xeito saída a tantas e tantas  persoas que queren sumar o seu grao de área para comenzar o longo proceso de reconstrucción da desfeita. 

Equipos técnicos do Centro de Investigación Forestal Lourizán serán os encargados de realizar o labor de análise para determinar: que tipo de actuacións son necesarias, como podería ser a drenaxe do terreo, a limpeza das canalizacións, a creación de barreiras, a colocación de mallas de geotéxtil na costa ou a cobertura do terreo con palla, entre outras.

Grazas!

CalmaDos

Estamos emocionados pola compañía,
pola comprensión, polas ganas de colaborar.
Polos vellos, nenos, mulleres e homes 
que tanto fixeron, hai unha semana, 
para evitar un desastre maior.
Emocionados pola valente actuación da xuventude.
Temos futuro e sangre nova consciente!!!
Emocionados tamén pola actuación de bombeiros, 
policías, persoal sanitario
e gardas civís que fixeron 
todo o que estivo nas súas mans. 
Polo compromiso do Concello. Seremos máis fortes.
Imos recuperar o pulmón da cidade e o paseo dos findes... 
Unha mensaxe máis: este non é so o problema de
Valadares, Coruxo, Comesaña, Matamá, e Zamáns.
É de todalas comunidades de montes unidas 
para sair desta dura situación. 
Grazas, moitas grazas!

Montes de Vigo

 

Continuar leyendo
3555

En todalas comunidades de Montes de Vigo se acondicionaron zonas despexadas, faixas de pista para tránsito, cortalumes e recuperación de bosque autóctono entre outros.

Unha superficie dunhas 160 hectáreas beneficianse este ano do traballo de roza manual selectiva, poda, rareo e control de especies invasoras na Mancomunidade de Montes de Vigo grazas aos traballos levados a cabo coa axuda do Plan de Emprego 2016 do Concello de Vigo.

Trinta e unha persoas, un capataz e trinta peóns forestais, traballaron nos Montes de Vigo dende maio ata setembro.  Dos resultados informan Uxío González, Presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo e Carme Boente,  responsable técnico do programa pola Asociación Forestal de Galicia, AFG, considerándoo satisfactorio.

O obxectivo prioritario era reducir os riscos de lume, pero tamén intervir o monte para manter unha estrutura arbórea equilibrada, despexar as contornas das rotas de sendeirismo e dos bens de interese histórico; tamén se buscou potenciar o bosque atlántico e eliminar as especies invasoras  así como manter despexados os accesos rodados aos montes.

O plan, revela o informe, “permite complementar os distintos traballos que de por sí levan a cabo as comunidades propietarias (e a Entidade Local Menor), permitíndolles abarcar máis superficie de traballo e prestar maior atención a obxectivos menos tanxibles”.  Uxío González, de Montes, explica que o traballo distribuiuse equitativamente entre as distintas comunidades de forma proporcional en función da súa superficie. “Cada comunidade decide onde hai que actuar, e os criterios técnicos son aportados ao persoal contratado por parte dos responsables da AFG”.

Traballos realizados

De acordo cun informe elaborado pola Asociación Forestal de Galicia, o traballo centrouse en catro intervencións específicas:

A roza manual selectiva fíxose para actuar sobre a vexetación arbustiva que xeralmente arde e propaga o lume con moita facilidade. Estas rozas selectivas realízanse para facilitar zonas de apoio a unha posible extinción de incendios.

Coas podas búscase airear o bosque para evitar a proliferación de fungos, á vez que se dificulta o acceso do lume dende o chan ata as copas, onde este se propaga cunha voracidade que dificulta enormemente a súa extinción e obliga a facelo por vía aérea.

Cos rareos redúcese a carga do monte e extráense aqueles pés peor conformados, enfermos, danados, mortos, asoballados. Destaca o informe que os restos extraídos son usados como combustible de biomasa. 

Finalmente un traballo fundamental e é o control da especie invasora acacia melanoxylon (acaia negra ou australia), cunha enorme capacidade de reproducción e que impide que medren as especies autóctonas coma as frondosas.

Carme Boente, como especialista da AFG, explicou que é a existencia de cuberta vexetal, en xeral, e arbórea, en particular, é importante para frear os procesos erosivos xa que permite alimentar coa auga da chuvia os manantiais das distintas comunidades. Tamén, di Boente, as “beiras de pista libres de maleza forman as denominadas faixas auxiliares que, xunto coa propia pista, constitúen unha zona de seguridade para os medios de extinción, permitíndolles desprazarse e realizar ataques directos contra o lume con certa garantía”.

En relación ao uso social do monte destaca o informe, “cómpre manter rozadas as marxes dos sendeiros para permitir o paso das persoas e a visualización de sinais informativas. Así mesmo cómpre manter limpas de maleza a contorna dos elementos do patrimonio histórico que se atopan en bo número nestes montes, para permitir o disfrute a todo aquel que se queira achegar”.

Para Uxío González, tras cinco anos de bos resultados no desenvolvemento e protección dos montes da cidade, é fundamental manter os Plans de Emprego do Concello de Vigo que veñen a completar co seu traballo a importancia da poboación do monte para manter o seu entorno vexetal.

 

O resultado do traballo foi recollido pola Voz de Galicia, na súa edición de Vigo, nun traballo de Irene Jiménez Toledo.

Los Comuneros tocan Madera

 

 

Continuar leyendo
Powered by EasyBlog for Joomla!