• Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

Actividades

La categoría contiene 3 entradas del blog realizadas por equipos de blog
941

IMG 1406-Bis

Mostrar aos vigueses todo o espectro de posibles paseos, sendeiros e combinacións que ofrecen os montes que circundan a cidade, foi o obxectivo da IV Andaina polos Montes de Vigo celebrado o domingo 28 de maio. Foron anos de preparar camiños e a súa sinalización cumprindo co desexo da cidadanía de facer das montañas que circundan a cidade un lugar de esparexemento e liberación para a vida diaria. As novidades foron este ano a pequerruta e un programa para persoas de mobilidade reducida.

A organización foi un traballo de coidada loxística trazada desde o Concello de Vigo, coa estreita colaboración en todas as instancias pola Mancomunidade de Montes. Os Montes de Vigo contan con 128 km que inclúen o Sendeiro Panorámico de Vigo, (GR-53) e oito sendeiros locais trazados ata o momento e que atravesan Saiáns, Matamá-Comesaña, Valladares, Zamáns, Bembrive-Beade, Cabral e Candeán.

IVAndainaCollage3

O evento congregou nesta ocasión a preto de 1200 persoas entre maiores, adultos, xoves e nenos, co que se converteu nun éxito de convocatoria e crítica. O tempo acompañou cun día que acrecentaba a súa frescura baixo a sombra das árbores.  O cheiro a humidade, os rumores do monte e o intercambio entre viandantes foron constantes en todos os percorridos.

A xornada comezou ás 7 da mañá esperando os buses para a xente inscrita no percorrido máis longo frente ao concello.  Os andariegos estaban dotados de camisetas, que este ano consistiu na súa versión verde patrocinadas polo Corte Inglés, quen ademais concentraron unha parte das inscricións. En distintos puntos do monte tamén, ofreceuse aos participantes avituallamientos patrocinados por Eroski-Center facendo o percorrido máis san e agradable pola nutrición e hidratación cando máis se necesita.

IV AndainaCollage1

Ademais, no Parque Forestal de Beade onde desembocaron todos os percorridos ao longo do día, esperamos a todos cunha comida que permitiu repoñer forzas. Para os nenos que fixeron a pequerruta, despregouse un circuíto de multiaventura que lles motivou a retarse a si mesmos coa través de montañas de escalada, tirolina, tiro con arco para os más maiores, así como outro específico con saltos  e actividades motrices e xogos de puntería para os máis peques.

 

Para a concelleira de Medio Ambiente e Saúde, Chus Lago, o obxectivo é que ese 17% do territorio do concello sexa recoñecido polos cidadáns como unha opción de lecer apto para fomentar formas de vida saudables e harmónicas co medio ambiente. 

IVAndainaCollage2

Percorridos da IV Andaina

Para a Mancomunidade de Montes de Vigo e as comunidades de montes a organización dos trazados significou un uso intenso de recursos e loxística. Dicímolo con satisfacción, pois demostramos como algunhas das posibles combinacións que ofrecemos poden responder a todo tipo de necesidades de dificultade e variedade.  

Tres tramos foron trazados de 20, 8,9 e 11,2 quilómetros que combinados entre eles deron lugar a 6 percorridos distintos para 6 tipos distintos de dificultade. Rutas que quedan feitas para quen desexe percorrelas:

Tramos

Tramo 1: variante da Senda panorámica de Vigo (GR-53). Vigozoo – Parque Forestal de Vixiador (Candeán) – Parque Forestal de Bandeira (Cabral) – Área Recreativa de Baladas (Cabral) – IFEVI – Parque Forestal de Cotogrande (Cabral) – Gorxal – Rotonda do Rebullón – Área Recreativa do Pouso (Bembrive)
Distancia: 20 quilómetros. Duración: 4 horas 45 minutos (estimación media). Conecta co tramo 2.
Convocatoria na Praza do Rei: 7:00. Inicio estimado: 8:15 en Vigozoo

Tramo 2: variante do Sendeiro local de Bembrive-Beade. Área Recreativa do Pouso (Bembrive) – Aldea da Fraga (Bembrive) – Fonte de Friales (Beade) – Alto de Quintiáns (Beade) – Parque Forestal de Beade
Distancia: 8,9 quilómetros. Duración: 2 horas (estimación media). Conecta co tramo 3.
Convocatoria na Praza do Rei: 8:30. Inicio estimado: 9:30 en Área Recreativa do Pouso

Tramo 3: percorrido circular ao redor do CUVI. Parque Forestal de Beade – Montes de Sobreira (Valladares) – Parque infantil de Zamáns (debaixo da rotonda do Cuvi) – Montes de Zamáns – Lagoas CUVI – Parque Forestal de Beade
Distancia: 11,2 quilómetros. Duración: 3 horas (estimación media).
Convocatoria na Praza do Rei: 10:00. Convocatoria no Parque Forestal de Beade: 10:30. Inicio estimado: 11:30 en Parque Forestal de Beade

 IVANdainaMapa

Percorridos

Percorrido 1. Andaina completa (40,1 quilómetros, 9 horas 30 minutos): Tramo 1 + Tramo 2 + Tramo 3.
Recomendación: para sendeiristas de longa travesía e deportistas de fondo. Dificultade: moi alta. Observación: prosigue despois da hora do xantar.

Percorrido 2. Andaina media 1 (28,9 quilómetros, 6 horas 45 minutos): Tramo 1 + Tramo 2
Recomendación: para sendeiristas de travesía e deportistas de fondo. Dificultade: alta. Observación: remátase na hora do xantar.

Percorrido 3. Andaina media 2 (20,1 quilómetros, 5 horas 30 minutos): Tramo 2 + Tramo 3
Recomendación: para sendeiristas e deportistas en xeral. Dificultade: media. Observación: remátase na hora do xantar.

Percorrido 4. Andaina curta (11,2 quilómetros, 3 horas): Tramo 3
Recomendación: para todos os públicos, particularmente familias con menores. Dificultade: baixa. Observación: remátase na hora do xantar.

Pequerruta, (1,2 quilómetros, 1 horas 30 minutos).

Ruta adaptada, (3 sillas adaptadas y sus porteadores).

 

Máis:

http://caminoacaminovigo.blogspot.com.es/2017/05/iv-andaina2017fotos.html

http://montesdevigo.blogspot.com.es/2017/05/ivandaina2017.html

http://andainamontesvigo.blogspot.com.es/

 

 

Por Euri Castillo (@EudelCastillo)

 

Continuar leyendo
1026

A Mancomunidade de Montes de Vigo organizou o 18 de novembro as III Xornadas Froitos do noso monte, que xunto coas castañas e a oliva que retorna con bríos a terras de Candeán, forman parte da nosa produción. A xornada tivo tres partes: unha charla sobre a oliva en Galiza, outra para axudar a entender os cogomelos e finalmente a degustación preparada polos especialistas da Asociación Micolóxica A Zarrota.

O evento levouse a cabo no edificio da Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Nautilus de Comesaña e contou coa asistencia de uns 50 comuneiros e público en xeral interesados na formación.

14877879 1165187800184587 63027080 n.jpg

Esta actividade enmárcouse no obxectivo de aproveitamento sustentable dos recursos que nos ofrecen os nosos montes. A charla denominada "O Mundo dos Cogomelos" impartiuna Manuel Domínguez, licenciado en bioloxía e educador ambiental que traballa na empresa Babadiva Ambiental. José Galán, de Aceites José Galán, disertou sobre “As plantación de oliveira en Galicia”.

Continuar leyendo
1027

Froitos 2

 

 

Cando chega o outono, chegan con forza os froitos do bosque. Entre eles están os cogomelos que teñen os seus misterios e necesitan ser descubertos e coñecidos en profundidade antes de acercarse a eles: os hai que se comen e outros non. Por eso desde Montes de Vigo invitamos a coñecelos e a descubrir tamén o mundo da oliva que se expande en Galicia e tamén na Comunidade de Montes de Candeán.

Montes de Vigo invita o próximo venres, 18 de novembro entre as 19.00 e 21.00h no Edificio da Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Nautilus, en Comesaña a aprender sobre estes froitos. Os que se achequen teñen premio ao final da xornada: Degustación de cogomelos e castañas asadas!

 

Inscricións no enderezo: Área Social do Monte

Programa do evento:

 

19.00h  Apertura e presentación

19.10h  As plantacións de oliveira en Galicia José Galán

            A historia da olivera en Galicia

            A olivicultura moderna na nosa comunidade

            Realizacións de plantacións de oliveira en Galicia

            Coidados básicos e rendibilidade da oliveira

19.50h  O Mundo dos cogomelos | Manuel Domínguez Rey

            Nutrición, crecemento e reprodución

            Partes e crecemento dun cogomelo

            Consellos de recolección e comportamento

            Lexislación

            Clasificación

20.30h Degustación de cogomelos e de castañas asadas. | Ag Micolóxica a  Zarrota

Continuar leyendo
3208

Xa falta menos para a proba definitiva da Copa Galega de Carreiras por Montaña da FGM: o III Trail Montes de Vigo. A proba levarase a cabo o 30 de outubro en tres categorías distintas: Trail, Mini Trail e Trail Popular.

Esta proba é a última do ano da Copa Galega de Montaña e nela entregaránse os trofeos aos tres primeiros de cada categoría.  As anteriores probas foron as de Viveiro, Mondoñedo, Maceda, Moaña, Chandrexa de Queixa, Cuntis, e Parada do Sil. Ao non celebrarse a de Mondariz o III Trail Montes de Vigo é a proba definitiva para a clasificación do ano na nosa comunidade.

III Trail-DEFINITIVO-3

Nesta proba poderán participar as persoas que o desexen maiores de 18 anos. As inscricións están abertas  ata o 26 de outubro na páxina específica do Clube Xistra de Montaña, organizador junto con Montes de Vigo do evento.


 Contará con tres categorías que empezan e acaban en Fragoselo, pero con tres rutas distintas:

Trail de 35 quilometros e 2.100 metros de desnivel

Hora de comezo: 9:00
Lugar: Fragoselo – Vigo
Distancia: 35 km, 2100 desnivel positivo acumulado

Trail30-10

Mini Trail cun percorrido de 19 quilometros e 1.200 metros de desnivel

Hora de comezo: 9:00
Lugar: Fragoselo – Vigo
Distancia: 19 km, 1200 desnivel positivo acumulado

MIniTrail

Trail popular de 10 quilometros e 600 metros de desnivel

Hora de comezo: 9:30
Lugar: Fragoselo – Vigo
Distancia: 10 km, 600 desnivel positivo acumulado

POpular

O número de participantes está limitado a 450 corredores/as e a inscrición da dereito, ademáis da participación no evento, a seguros de RC e Asistencia Sanitaria, avituallamentos de carreira e regalos varios.

A proba non sería posible sen a colaboración de institucións que prestan o seu apoio para conseguir un evento en condicións óptimas para os participantes. No III Trail participan:

  • Concello de Vigo
  • Xunta de Galicia - Deporte Galego
  • Federación Galega de Montaña
  • Decathlon Vigo
  • Coca Cola
  • Massini
  • Master Cadena-Hermida
  • Frutas Nieves
  • Inquedanzas Sonoras
  • Aceite Abril
  • Federación Galega de Montañismo
  • Coruxo F.C.

Para rexistrarse, as persoas interesada poden facelo páxina do Clube Xistra e consultar o seu regulamento.

Continuar leyendo
1108

Sen os Montes de Vigo non se pode entender a cidade de Vigo. Definen a outra metade do seu horizonte, xunto ao mar. A súa vocación é a de ofrecer á cidade toda unha gama de posibilidades de recreación, san deporte e entretemento. Ese conxunto forma parte do seu uso social diverso en cada unha das súas 13 comunidades de montes. Cada unha coas súas paisaxes particulares, que ofrecen diversión natural e cultural de gran diversidade aos que se achegan a visitalos.

Como parte desta realidade organizouse todo un conxunto de actividades baixo o nome de Área de Uso Social do Montes e nesta recta final do ano a programación de Outono 2016 comprende xa un bo número de diversas opcións de lecer.

 

1. Paseos guiados polos montes de Vigo, con magosto ao finalizar

2. Visitas a lugares con encante nos Montes de Vigo


Inscrición nas actividades: premer aqui

Máis información no tfno: 608 84 89 89

 

1. PASEOS GUIADOS POLOS MONTES DE VIGO, con magosto ao finalizar

Aberto a todos os públicos. Ao longo do paseo abordaranse contidos relacionados coa historia, patrimonio e entorno ambiental dos montes transitados.
Achega de participación: 2 euros, a abonar no momento de inicio da actividade. 1 euro para membros do Club de amigos/as dos montes de Vigo.
Inscrición: premer aqui
 
 
Paseo polos montes de Oia e Saiáns
Sábado, 22 outubro, 17:00-20:00. 
Punto de inicio: Parque forestal de Saiáns
Magosto ao remate.
 
Paseo polos montes de Beade e Bembrive
Sábado, 29 outubro, 17:00-20:00. 
Punto de inicio: Parque forestal de Beade
Magosto ao remate.
 
Paseo polos montes de Cabral e Candeán
Sábado, 5 novembro, 17:00-20:00. 
Punto de inicio: Parque forestal de Vixiador
Magosto ao remate.
 
Paseo polos montes de Zamáns
Sábado, 12 novembro, 17:00-20:00. 
Punto de inicio: Parque forestal de Zamáns
Magosto ao remate.
 
2. VISITAS A LUGARES CON ENCANTO NOS MONTES DE VIGO
Aberto a todos os públicos. Ao longo do paseo abordaranse contidos específicos relacionados co lugar visitado. Na medida do posible avanzarase información a través deste blog en relación coa temática abordada.
 
Achega de participación: 2 euros, a abonar no momento de inicio da actividade. Gratuíto para membros do Club de amigos/as dos montes de Vigo.
Inscrición: premer aqui
 
Visita ao Parque botánico do Arco da Vella (Bembrive)
Mércores, 12 outubro, 10:30-13:30. 
Punto de inicio: Capela de San Cibrao ou dos Ramallos
 
 
Percorrido polo Camiño Real entre Valladares e Comesaña
Martes, 1 novembro, 10:30-13:30. 
Punto de inicio: Sanatorio do Alba
Continuar leyendo
Powered by EasyBlog for Joomla!