• Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

Os nosos montes dan froitos

por en Actividades
  • Tamaño da fonte: Mayor Menor
  • Visitas: 833
  • Imprimir
833

A Mancomunidade de Montes de Vigo organizou o 18 de novembro as III Xornadas Froitos do noso monte, que xunto coas castañas e a oliva que retorna con bríos a terras de Candeán, forman parte da nosa produción. A xornada tivo tres partes: unha charla sobre a oliva en Galiza, outra para axudar a entender os cogomelos e finalmente a degustación preparada polos especialistas da Asociación Micolóxica A Zarrota.

O evento levouse a cabo no edificio da Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Nautilus de Comesaña e contou coa asistencia de uns 50 comuneiros e público en xeral interesados na formación.

14877879 1165187800184587 63027080 n.jpg

Esta actividade enmárcouse no obxectivo de aproveitamento sustentable dos recursos que nos ofrecen os nosos montes. A charla denominada "O Mundo dos Cogomelos" impartiuna Manuel Domínguez, licenciado en bioloxía e educador ambiental que traballa na empresa Babadiva Ambiental. José Galán, de Aceites José Galán, disertou sobre “As plantación de oliveira en Galicia”.

 

Babadiva3

O obxectivo de Manuel Domínguez foi que os asistentes descubriran un dos recursos que ofrecen os Montes de Vigo. Na charla abordáronse aspectos como a transcendental importancia ecolóxica dos fungos para o correcto funcionamento do ecosistema forestal, o seu modo de vida , ou o modo correcto de identificar cogomelos científicamente.

Dende a empresa Babadiva Ambiental, pensan que é de vital importancia divulgar a lexislación vixente que regula o aproveitamento do recurso micolóxico, así como as oportunidades e beneficios que unha correcta xestión deste recurso abre para os propietarios dos terreos:

  • beneficios sociais,  recreativos e culturais.
  • beneficios económicos.
  • beneficios ecolóxicos.

José Galán, pola súa banda falou das oliveiras. Hai novos olivares sementados nas catro provincias galegas, 81 mil xa en toda Galicia, especialmente en Ourense; moitos deles gracias a especies xoves traídas de lonxe mentres prodúcese a recuperación das especies locais.

J2.jpg

Fai máis de dous anos, a Comunidade de Montes de Candeán empezou a sementar nas súas terras 1500 olivos, pero non é ata pasados tres invernos que estas plantas empezan a dar bos froitos. Galán afirmou que se está traballando cas olivas galegas para lograr unha denominación de orixe autóctona que daría empuxe aos aceites da comunidade.

JoseGalan3

O monte galego é moito máis que madeira, por iso, nos últimos anos están resoando cada día con máis forza frases como "valorización integral do monte", "xestión do monte sustentable" ou "aproveitamento multifuncional";  en definitiva trátase de desenvolver e aproveitar as potencialidades ecolóxicas, económicas e sociais dos nosos montes dus xeito sustentable, que redunde nun beneficio para toda a sociedade.

 

 

Powered by EasyBlog for Joomla!