C.M.V.M.C de Beade
DATOS IDENTIFICATIVOS  OUTROS DATOS DE INTERESE
NOME: SUPERFICIE DO MONTE:
Comunidade de Montes de Beade aproximadamente 100ha
PRESIDENTE: PÁXINA WEB:
 José Rodríguez Fernández  
DATA DE CONSTITUCIÓN DA DIRECTIVA: CORREO ELECTRÓNICO:
 no ano 1984 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
TELÉFONO / FAX: MONTES QUE A FORMAN:
 649877474  Fonte Cobas, Seijo y otros
DIRECCIÓN: Nº DE COMUNEROS: 
 Coutada 42 , local social de Beade, 36312-Beade-Vigo-PONTEVEDRA  351

DESCRICIÓN:

 

LOGOTIPO PEQ MONTE BEADE

A “Festa do Monte” tamén coñecida como “Festa da Sardiña”, xurdíu fai vintecinco anos por iniciativa da Xunta de Montes de Beade, para dar a coñecer á cidade, o fermoso Parque Forestal ubicado no monte comunal de Beade nas inmediacións do Campus Universitario vigués. Por este motivo, e co fin de que tódolos comuneiros e veciños de Beade, poidan disfrutar dunha festa o aire libre, lonxe das tensións acumuladas durante todo o ano, xurde a idea de promover a “Festa do Monte”, que desde entón vense celebrando ano tras ano, cunha gran afluencia de xente, veciños da parroquia e forasteiros, que suelen responder moi ben a esta festa sobre todo si o tempo o permite.


A xornada comenza sobre as once da mañana, co reparto gratuito de sardiñas e pan de millo, ata a unha da tarde, para todos aqueles que disfruten da sua degustación. O viño é servido pola cantina do Parque Forestal a un módico prezo.


O Parque Forestal conta con 60 mesas ademáis doutras superficies ideais para “extender os manteis” e disfrutar desta festa gastronómica na que ademáis non faltan actuacións musicais. Así nos deleitan as actuacións parroquiais do Baile Rexional, a Banda-Escola de Música de Beade, o Grupo de Gaitas ou de Pandereteiras “A Volta do Demo” do C.S.C.R. de Beade, e outros grupos folclóricos que animarán o largo do día o público asistente.