C.M.V.M.C de Candeán
DATOS IDENTIFICATIVOS  OUTROS DATOS DE INTERESE
NOME: SUPERFICIE DO MONTE:
 Comunidade de Montes de Candeán  93 ha
PRESIDENTE: PÁXINA WEB:
 Oscar Domínguez González  www.montesdecandean.org
DATA DE CONSTITUCIÓN DA DIRECTIVA: CORREO ELECTRÓNICO:
 maio 1995

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

TELÉFONO / FAX: MONTES QUE A FORMAN:
627505345 Costa Freiria e Outros
DIRECCIÓN: Nº DE COMUNEROS: 
Rúa Devesa 25- 36317-Vigo-PONTEVEDRA 92 comuneiros 

DESCRICIÓN:

Logo CMtesMonte periurbano, situado moi preto de Vigo, que combina as tres funcións tradicionais dos montes en man común: económica, ambiental e social. Está constituído fundamentalmente por zonas chans na parte norte do Val Fragoso, que se artellan a partir do Monte Vixiador, dedicado ao maior Parque Forestal de Vigo, con dotacións de cantina, servizos, merendeiro, miradoiro e 25 hectáreas de frondosas. Zona con importantes restos arqueolóxicos (un roteiro une as perto dunha ducia de mámoas escavadas a finais da década pasada) e zonas naturais como a Lagoa dos Seixos. É considerábel a práctica de todo tipo de deportes e actividades de lecer e educativas. As producións non se limitan ás forestais (piñeiro no fundamental) senón que ten importancia a recollida de castañas, cogumelos, e a obtención de aceite e mel. A presenza dunha especie invasora como a acacia orixina gastos para tentar a súa erradicación.