C.M.V.M.C de Coruxo
DATOS IDENTIFICATIVOS  OUTROS DATOS DE INTERESE
NOME: SUPERFICIE DO MONTE:
 Comunidade de Montes de Coruxo  241.12 ha
PRESIDENTE: PÁXINA WEB:
 Antonio Ocampo Pereira  
DATA DE CONSTITUCIÓN DA DIRECTIVA: CORREO ELECTRÓNICO:
 23 marzo de 1990 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
TELÉFONO / FAX: MONTES QUE A FORMAN:
 666 164 795 Aveleira e Outros
DIRECCIÓN: Nº DE COMUNEROS: 
 Cruce Sub. de S. Sebastían con Estrada de Fragoselo- 36330-Fragoselo-Vigo-PONTEVEDRA 92 comuneiros 

DESCRICIÓN:

LOGO CORUXOSe tendes oportunidade de percorrer os montes de Coruxo, poderedes observar unha das mellores panorámicas que se poden gozar da Ría de Vigo e da cidade que dá nome á Ría.O mellor é subir ata o Paque Forestal de Coruxo e dende aquí dirixirnos a dous puntos en concreto. O primeiro será subir ata Castro Chouzo. Unha vez aquí poderemos observar dende Cabo Silleiro, pasando polo Castelo de Monterreal, parte do Val Miñor, Nigrán coas súas praias, onde destaca Monteferro. Como pano de fondo veremos as Illas Cíes diante da inmesidade do Océano Atlántico. O outro punto dende onde veremos unhas vistas tamén espectaculares será tamén moi preto de aquí,o punto máis alto da serra, a 450 m de altitude. Dende o parque forestal colleremos a pista que indica cara a "Chan de Arriba" ou "Chan dás Lagoas". Pasaremos ao lado da única mámoa existente nestes montes, onde recentemente se encontraron unha serie de instrumentos e útiles que teñen unha antiguedad estimada de uns 5.000 anos.

Veremos á nosa esquerda unha pequena poza chamada Poza do Cabalo, así como os gravados en Chan de Arriba. Por unha pista recentemente habilitada chegaremos aos pés do "curuto". Subirmos e non teremos que dar máis unha volta arredor nosa e pararse a admirar o que aquí veremos. Dende a Serra do Galiñeiro e Aloia, Vincios, a "Universidade", Val do Fragoso, Vigo, A Madroa, Rande, San Simón, e toda a cara sur da penísula do Morrazo. Tambíen veremos Samil coa Xunqueira del Lagares, Toralla e as Illas Cíes. Tamén nos sorprenderá ao norte, todas as Rías que podemos chegar a ver. En definitiva, todo un espectáculo visual. A maiores estes montes teñen unha densidade escepcional de restos arqueólogicos,e gran cantidade de gravados rupestres ou petroglifos. Toda a Estomada e Chandebrito son unha clara mostra da existencia de poboadores na área de Vigo dende hai miles de anos. As diferenzas xenealóxicas dos restos arqueólogicos encontrados argumentan que estas zonas extuvieron ao longo da historia poboadas. Moi preto en Fragoselo, poderemos achegarnos a Pedra Moura, unha gran rocha repleta de petroglifos, un dos mais importantes do sur de Galicia.