Os montes integrantes de A Mancomunidade de Montes de Vigo ocupan unha extensión total de 1.562,09 ha. Integran a Mancomunidade 12 montes veciñais e os montes propiedade dunha entidade local menor.

Fai mais de cinco anos rematou o proxecto NAVI (Natureza Viva), financiado con fondos do programa de cooperación transfronteirizo España-Norte de Portugal. Un dos resultados principais que se obtiveron de dito proxecto foi a realización da ordenación completa dos montes de Vigo, baseada nos usos actuais do monte e nos potenciais.

osmontes1

 Os montes que conforman a mancomunidade de Vigo caracterízanse por unha tendencia xeral cara ao monte produtor, aínda que día a día esta tendencia vaise tornando cara a un uso social debido ás demandas da poboación do seu contorno. Os usos actuais destes montes son os seguintes:

osmontes2

Uso produtor: obtención de madeira de especies de crecemento rápido (Pinus pinaster, Eucalyptus globulus, Pinus radiata) ou medio (Pseudotsuga menziesii) e obtención doutros produtos. como setas, castañas, etc, de forma incontrolada e sen beneficio económico.

Uso social recreativo: baseado na utilización das áreas recreativas, parques forestais e rutas de sendeirismo. Existe unha tendencia xeneralizada na que se promove o mantemento e uso destas infraestruturas.

Uso protetor: referido por un lado á protección del solo e á regulación de emisións de CO2 que vai asociado a cualquera masa arborada; por outro lado, á conservación e aumento da biodiversidade que supoñen algunhas repoboacións levadas a cabo polas comunidades de montes nos últimos anos.

Uso gandeiro: debido á existencia de pastoreo incontrolado nalgunhas comunidades como Valadares e Zamáns.

Usos potenciais: Os usos potenciais do monte defínense a partir dun estudo de planificación física no que séguense unha serie de criterios económicos,ecolóxicos, paisaxísticos e sociais, que están baseados nos estudos do estado legal,natural e forestal dos nosos montes. Desta maneira distribúese o espazo en usos potenciais seguindo criterios obxectivos para cada un. Estes usos potenciais resumiríanse a continuación:

Uso produtor en productos: obtención de madeira de calidade a partir de especies decrecemento rápido (P. pinaster, E.globulus) ou medio (P. menziesii); obtención de madeira de calidade a partir de especies de crecemento lento(Q. rubra, Q. robur, C. sativa);obtención doutros produtos de forma controlada e regulada (castañas, setas, madeiras de especies diferentes).

Uso produtor en servizos: ten como fin ofrecer servizos de ocio e lecer os cidadáns, polos que pagan.Este é complementario con uso social tradicional do monte, normalmente de balde.

Uso social: obtención de beneficio social tanto de carácter recreativo coma educativo ou cultural.

Uso protector: regulación das emisións de CO2, asociado ás masas arbóreas;protección do solo contra a erosión;protección e regulación do ciclo da auga; protección de hábitats singulares, endemismos e zonas de interese; mantemento e aumento da biodiversidade.

  osmontes3

ENLACES DE INTERÉS:

Parques Forestais:http://www.turismodevigo.org/es/parques-forestales

Información sobre Parques Forestais:http://hoxe.vigo.org/movemonos/vigoverde0.php?lang=cas