Formamos un conxunto de mais de 1500 hectáreas de monte o redor da cidade de Vigo, conforman un cinto verde cheo de vida e natureza, onde a mestura do pasado mais afastado, co mais próximo, dan como resultado lugares irrepetibles; castros, mámoas, petroglifos antigos camiños, regatos, muíños, soutos e carballeiras, listos para deleitar os seus sentidos.

A nosa organización esta formada pola asociación dos montes veciñais de 13 parroquias do municipio de Vigo; seguindo o percorrido en sentido horario de norte a sur serían :Teis, Candeán, Cabral , Bembrive, Beade, Zamáns, Castrelos, Valladares, Matamá, San Andres de Comesña, Coruxo, San Miguel de Oia e Saiáns.


HISTORIA


Montes de Vigo e a marca que a Mancomunidade de Montes de Vigo crea no año 2013 para promoción e divulgación deste gran descoñecido para a maioría da poboación.A mancomunidade de Montes de Vigo ten xa un longo percorrido dende o año 1996 como asociación e finalmente constituída o 24 de xuño do ano 2000, marca a súa dirección no 1º artigo dos seus estatutos "O obxetivo fundamental desta Mancomunidade é a defensa e mellora dos montes das entidades de Vigo, nos seus aspectos económicos, sociais, ecolóxicos, culturais e de relación."


Seguindo este denominador común e despois de períodos de maior e menor actividade chegamos a actualidade inmersos nun proceso de promoción e dinamización da organización, gracias a súa vontade e o impulso do recente plan de emprego municipal 2013.


Un fito no seu vagar foi constituído polo proxecto NATUREZA VIVA-NAVI ( Interreg III con fondos FEDER europeos) que conxuntamente co veciño portugués de Vilanova de Cerveira, establécense unhas bases técnicas, sociais, económicas e culturais necesarias para modernizar estes terreos forestais, no caso de Vigo, ata un monte periurbano con toda a súa significación.Páxina web :(www.naturezaviva.org ).

  O NOSO LOGO