• Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta
Suscribirse a esta lista por medio de RSS. Ver entradas etiquetadas Andaina
786

IMG 1406-Bis

Mostrar aos vigueses todo o espectro de posibles paseos, sendeiros e combinacións que ofrecen os montes que circundan a cidade, foi o obxectivo da IV Andaina polos Montes de Vigo celebrado o domingo 28 de maio. Foron anos de preparar camiños e a súa sinalización cumprindo co desexo da cidadanía de facer das montañas que circundan a cidade un lugar de esparexemento e liberación para a vida diaria. As novidades foron este ano a pequerruta e un programa para persoas de mobilidade reducida.

A organización foi un traballo de coidada loxística trazada desde o Concello de Vigo, coa estreita colaboración en todas as instancias pola Mancomunidade de Montes. Os Montes de Vigo contan con 128 km que inclúen o Sendeiro Panorámico de Vigo, (GR-53) e oito sendeiros locais trazados ata o momento e que atravesan Saiáns, Matamá-Comesaña, Valladares, Zamáns, Bembrive-Beade, Cabral e Candeán.

IVAndainaCollage3

O evento congregou nesta ocasión a preto de 1200 persoas entre maiores, adultos, xoves e nenos, co que se converteu nun éxito de convocatoria e crítica. O tempo acompañou cun día que acrecentaba a súa frescura baixo a sombra das árbores.  O cheiro a humidade, os rumores do monte e o intercambio entre viandantes foron constantes en todos os percorridos.

A xornada comezou ás 7 da mañá esperando os buses para a xente inscrita no percorrido máis longo frente ao concello.  Os andariegos estaban dotados de camisetas, que este ano consistiu na súa versión verde patrocinadas polo Corte Inglés, quen ademais concentraron unha parte das inscricións. En distintos puntos do monte tamén, ofreceuse aos participantes avituallamientos patrocinados por Eroski-Center facendo o percorrido máis san e agradable pola nutrición e hidratación cando máis se necesita.

IV AndainaCollage1

Ademais, no Parque Forestal de Beade onde desembocaron todos os percorridos ao longo do día, esperamos a todos cunha comida que permitiu repoñer forzas. Para os nenos que fixeron a pequerruta, despregouse un circuíto de multiaventura que lles motivou a retarse a si mesmos coa través de montañas de escalada, tirolina, tiro con arco para os más maiores, así como outro específico con saltos  e actividades motrices e xogos de puntería para os máis peques.

 

Para a concelleira de Medio Ambiente e Saúde, Chus Lago, o obxectivo é que ese 17% do territorio do concello sexa recoñecido polos cidadáns como unha opción de lecer apto para fomentar formas de vida saudables e harmónicas co medio ambiente. 

IVAndainaCollage2

Percorridos da IV Andaina

Para a Mancomunidade de Montes de Vigo e as comunidades de montes a organización dos trazados significou un uso intenso de recursos e loxística. Dicímolo con satisfacción, pois demostramos como algunhas das posibles combinacións que ofrecemos poden responder a todo tipo de necesidades de dificultade e variedade.  

Tres tramos foron trazados de 20, 8,9 e 11,2 quilómetros que combinados entre eles deron lugar a 6 percorridos distintos para 6 tipos distintos de dificultade. Rutas que quedan feitas para quen desexe percorrelas:

Tramos

Tramo 1: variante da Senda panorámica de Vigo (GR-53). Vigozoo – Parque Forestal de Vixiador (Candeán) – Parque Forestal de Bandeira (Cabral) – Área Recreativa de Baladas (Cabral) – IFEVI – Parque Forestal de Cotogrande (Cabral) – Gorxal – Rotonda do Rebullón – Área Recreativa do Pouso (Bembrive)
Distancia: 20 quilómetros. Duración: 4 horas 45 minutos (estimación media). Conecta co tramo 2.
Convocatoria na Praza do Rei: 7:00. Inicio estimado: 8:15 en Vigozoo

Tramo 2: variante do Sendeiro local de Bembrive-Beade. Área Recreativa do Pouso (Bembrive) – Aldea da Fraga (Bembrive) – Fonte de Friales (Beade) – Alto de Quintiáns (Beade) – Parque Forestal de Beade
Distancia: 8,9 quilómetros. Duración: 2 horas (estimación media). Conecta co tramo 3.
Convocatoria na Praza do Rei: 8:30. Inicio estimado: 9:30 en Área Recreativa do Pouso

Tramo 3: percorrido circular ao redor do CUVI. Parque Forestal de Beade – Montes de Sobreira (Valladares) – Parque infantil de Zamáns (debaixo da rotonda do Cuvi) – Montes de Zamáns – Lagoas CUVI – Parque Forestal de Beade
Distancia: 11,2 quilómetros. Duración: 3 horas (estimación media).
Convocatoria na Praza do Rei: 10:00. Convocatoria no Parque Forestal de Beade: 10:30. Inicio estimado: 11:30 en Parque Forestal de Beade

 IVANdainaMapa

Percorridos

Percorrido 1. Andaina completa (40,1 quilómetros, 9 horas 30 minutos): Tramo 1 + Tramo 2 + Tramo 3.
Recomendación: para sendeiristas de longa travesía e deportistas de fondo. Dificultade: moi alta. Observación: prosigue despois da hora do xantar.

Percorrido 2. Andaina media 1 (28,9 quilómetros, 6 horas 45 minutos): Tramo 1 + Tramo 2
Recomendación: para sendeiristas de travesía e deportistas de fondo. Dificultade: alta. Observación: remátase na hora do xantar.

Percorrido 3. Andaina media 2 (20,1 quilómetros, 5 horas 30 minutos): Tramo 2 + Tramo 3
Recomendación: para sendeiristas e deportistas en xeral. Dificultade: media. Observación: remátase na hora do xantar.

Percorrido 4. Andaina curta (11,2 quilómetros, 3 horas): Tramo 3
Recomendación: para todos os públicos, particularmente familias con menores. Dificultade: baixa. Observación: remátase na hora do xantar.

Pequerruta, (1,2 quilómetros, 1 horas 30 minutos).

Ruta adaptada, (3 sillas adaptadas y sus porteadores).

 

Máis:

http://caminoacaminovigo.blogspot.com.es/2017/05/iv-andaina2017fotos.html

http://montesdevigo.blogspot.com.es/2017/05/ivandaina2017.html

http://andainamontesvigo.blogspot.com.es/

 

 

Por Euri Castillo (@EudelCastillo)

 

Continuar leyendo
Powered by EasyBlog for Joomla!