• Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta
Suscribirse a esta lista por medio de RSS. Ver entradas etiquetadas Concello de Vigo
Esta etiqueta contiene 1 entradas desarrolladas por un equipo de blog que no está en la lista.
222

Convenio de Colaboración entre o Concello de Vigo e a Mancomunidade de Montes de Vigo para o coidado e mantemento dos montes que circundan a cidade, acadou os seus obxetivo a finais de agosto. Un ano máis e grazas á contratación  de persoal do Proxecto de Emprego, desenvólveuse un plan de ordenación forestal das trece comunidades de montes que integran a Mancomunidade. Durante cinco meses fixéronse traballos de prevención contra os incendios forestais e a favor duns montes en condicións para o uso e disfrute da cidade. 

 

Emprego2017-2

Continuar leyendo
3248

0001

 

 

Convocatoria de subvencións para o Fomento do Emprego de entidades sin ánimo de lucro no 2017 - Concello de Vigo

 

3 peóns 

Prazo de remate de recepción luns 3 de abril de 2017

A convocatoria enmárcase no Convenio de Colaboración entre o Concello de Vigo e a Mancomunidade de Montes de Vigo para o coidado e mantemento dos montes que circundan a cidade.  O plan desenvólvese durante cinco meses e forma parte do pran de ordenamento do monte e tamén, da prevención contra os incendios forestais. A Mancomunide, neste contexto demanda:

 

    • 2 peóns, contrato mínimo 5 meses, 30 horas semanais.
    • 1 peón, contrato mínomo 5 meses, 20 horas semanais.

 

  • Envío do curriculum: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

  • Ou en Rúa Eira Vella no 4 Saiáns, 36392 Vigo de 16 a 19, 30h.
Continuar leyendo
2892

 

 

Anexo VII Oferta Capataz

 

Convocatoria de subvencións para o Fomento do


Emprego de entidades sin ánimo de lucro no 2017 - Concello de Vigo

 

Praza de Capataz Forestal

Prazo de remate de recepción 27 de marzo de 2017

 

A convocatoria enmárcase no Convenio de Colaboración entre o Concello de Vigo e a Mancomunidade de Montes de Vigo para o coidado e mantemento dos montes que circundan a cidade.  O plan desenvólvese durante cinco meses e forma parte do pran de ordenamento do monte e tamén, da prevención contra os incendios forestais. A Mancomunide, neste contexto demanda:

    • 1 capataz forestal (tempo completo)

    • Contrato mínimo 5 meses
  • Ou en Rúa Eira Vella no 4 Saiáns, 36392 Vigo de 16 a 19, 30h.

 

 

 

envío do curriculum: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Continuar leyendo
598

Convocatoria Pran de Emprego 2017 Concello de Vigo

 

Convocatoria de subvencións para o Fomento do
Emprego de entidades sin ánimo de lucro no 2017 - Concello de Vigo

A convocatoria enmárcase no Convenio de Colaboración entre o Concello de Vigo e a Mancomunidade de Montes de Vigo para o coidado e mantemento dos montes que circundan a cidade.  O plan desenvólvese durante cinco meses e forma parte do pran de ordenamento do monte e tamén, da prevención contra os incendios forestais.

A Mancomunide, neste contexto demanda os seguintes postos:

  • 1 capataz forestal (tempo completo)
  • 15 peóns forestais (30 horas)
  • 12 peons forestais (20 horas)

 

Requisitos xerais:

  • Empadroado en Vigo antes do 01/01/2016
  • Inscrita como demandante de emprego no SPEG.
  • Posuir o perfil para o posto solicitado

Outros Requisitos:

  • Prazo de remate de recepción de curriculum vitae : 01 de Marzo de 2017
  • Enderezo de envío do curriculum: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • e/ou Rúa Eira Vella, Nº 4, Saiáns 36392 Vigo
  • Horario de 16 a 19.30h
Continuar leyendo
2193

En todalas comunidades de Montes de Vigo se acondicionaron zonas despexadas, faixas de pista para tránsito, cortalumes e recuperación de bosque autóctono entre outros.

Unha superficie dunhas 160 hectáreas beneficianse este ano do traballo de roza manual selectiva, poda, rareo e control de especies invasoras na Mancomunidade de Montes de Vigo grazas aos traballos levados a cabo coa axuda do Plan de Emprego 2016 do Concello de Vigo.

Trinta e unha persoas, un capataz e trinta peóns forestais, traballaron nos Montes de Vigo dende maio ata setembro.  Dos resultados informan Uxío González, Presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo e Carme Boente,  responsable técnico do programa pola Asociación Forestal de Galicia, AFG, considerándoo satisfactorio.

O obxectivo prioritario era reducir os riscos de lume, pero tamén intervir o monte para manter unha estrutura arbórea equilibrada, despexar as contornas das rotas de sendeirismo e dos bens de interese histórico; tamén se buscou potenciar o bosque atlántico e eliminar as especies invasoras  así como manter despexados os accesos rodados aos montes.

O plan, revela o informe, “permite complementar os distintos traballos que de por sí levan a cabo as comunidades propietarias (e a Entidade Local Menor), permitíndolles abarcar máis superficie de traballo e prestar maior atención a obxectivos menos tanxibles”.  Uxío González, de Montes, explica que o traballo distribuiuse equitativamente entre as distintas comunidades de forma proporcional en función da súa superficie. “Cada comunidade decide onde hai que actuar, e os criterios técnicos son aportados ao persoal contratado por parte dos responsables da AFG”.

Traballos realizados

De acordo cun informe elaborado pola Asociación Forestal de Galicia, o traballo centrouse en catro intervencións específicas:

A roza manual selectiva fíxose para actuar sobre a vexetación arbustiva que xeralmente arde e propaga o lume con moita facilidade. Estas rozas selectivas realízanse para facilitar zonas de apoio a unha posible extinción de incendios.

Coas podas búscase airear o bosque para evitar a proliferación de fungos, á vez que se dificulta o acceso do lume dende o chan ata as copas, onde este se propaga cunha voracidade que dificulta enormemente a súa extinción e obliga a facelo por vía aérea.

Cos rareos redúcese a carga do monte e extráense aqueles pés peor conformados, enfermos, danados, mortos, asoballados. Destaca o informe que os restos extraídos son usados como combustible de biomasa. 

Finalmente un traballo fundamental e é o control da especie invasora acacia melanoxylon (acaia negra ou australia), cunha enorme capacidade de reproducción e que impide que medren as especies autóctonas coma as frondosas.

Carme Boente, como especialista da AFG, explicou que é a existencia de cuberta vexetal, en xeral, e arbórea, en particular, é importante para frear os procesos erosivos xa que permite alimentar coa auga da chuvia os manantiais das distintas comunidades. Tamén, di Boente, as “beiras de pista libres de maleza forman as denominadas faixas auxiliares que, xunto coa propia pista, constitúen unha zona de seguridade para os medios de extinción, permitíndolles desprazarse e realizar ataques directos contra o lume con certa garantía”.

En relación ao uso social do monte destaca o informe, “cómpre manter rozadas as marxes dos sendeiros para permitir o paso das persoas e a visualización de sinais informativas. Así mesmo cómpre manter limpas de maleza a contorna dos elementos do patrimonio histórico que se atopan en bo número nestes montes, para permitir o disfrute a todo aquel que se queira achegar”.

Para Uxío González, tras cinco anos de bos resultados no desenvolvemento e protección dos montes da cidade, é fundamental manter os Plans de Emprego do Concello de Vigo que veñen a completar co seu traballo a importancia da poboación do monte para manter o seu entorno vexetal.

 

O resultado do traballo foi recollido pola Voz de Galicia, na súa edición de Vigo, nun traballo de Irene Jiménez Toledo.

Los Comuneros tocan Madera

 

 

Continuar leyendo
Powered by EasyBlog for Joomla!