• Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta
Suscribirse a esta lista por medio de RSS. Ver entradas etiquetadas Valadares
69

Calma2-3

Un inmenso impacto provocaron os lumse nos montes da Mancomunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vigo. O feito constatouse polos representantes das comunidades de montes na primeira reunión da colectivo despois da vaga de lumes do triste domingo, 15 de outubro de 2017. A xuntanza foi convocada para facer unha primeira estimación da superficie queimada e do acontecido. Os montes veciñais de Coruxo, Comesaña, Matamá e Valladares quedaron prácticamente arrasados polo lume que foi devorando todo o que atopou ao seu paso cunha voracidade sen precedentes. Tampouco quedou mellor parado o paraxe do Galiñeiro. O lume arrasou tamén cunha parte da superficie do monte veciñal de Zamáns, dentro da conca do embalse que se atopa nesa parroquia.

O sentir dos representantes das comunidades que asistiron á reunión foi de profunda pena por todo o acontecido, lamentando a perda de vidas humanas irreparables para os seus coñecidos, familiares e para a propia comunidade de montes. Igual se lamenta a perda de bens materiais e, en especial, o ben natural que, con moito esforzo, levábase potenciando ao longo dos últimos 30 anos.

Lumes en Montes de Vigo

“Nunca antes se deu o que aconteceu o pasado domingo. O estado dos montes de Vigo foi dende sempre moi bo, sendo un aspecto destacado por todo aquel que se achegaba aos mesmos coincidindo con eventos deportivos ou de lecer”. Na reunión constatouse a impotencia vivida polas persoas que colaboraron na extinción do lume, tanto comuneiros como numerosos voluntarios. A forza, velocidade e voracidade das chamas foi inusitada.

Dende fai cinco anos, coincidindo co inicio da colaboración co Concello de Vigo no mantemento e mellora dos montes veciñais, este estado mellorou aínda máis. Pero todo isto non foi suficiente para frear o lume, que avanzou a gran velocidade polos montes resultando imposible de parar.

“Só cando o vento se poñía da nosa man, foi posible facerlle fronte mediante a realización de contralumes, aproveitando pistas ou masas consolidadas de frondosas” indica Uxío González, presidente da Mancomunidade. Por exemplo, na zona suroeste dos Montes de Vigo só resultou posible salvar os montes veciñais de Saiáns e Oia aproveitando que o vento permitiu facer unha contra de 1,5 quilómetros.

LumesMontesVigo

“Na reunión pareceu constatarse certa falta de previsión do risco que supoña ese fin de semana para os nosos montes e cremos que o dispositivo contraincendios resultaba escaso tendo en conta as condicións previstas de baixa humidade, temperaturas altas e, sobre todo, fortes rachas de vento. Aínda así, foi unha situación tan excepcional que creemos que, aínda que se contase con maior cantidade de medios, non sería posible mudar de xeito significativo a situación tan dramática que se viviu”, conclúe Uxío González.

Como resultado da reunión estableceuse unha axenda de contactos tanto con estamentos políticos (principalmente Concello) como con outras organizacións do sector co obxectivo de iniciar os traballos de recuperación das zonas afectadas. Tamén búscase ordenar esa superficie de xeito que se poida facer fronte a lumes cada vez máis voraces, lumes que, ao sentir dos presentes na reunión, van ser comúns no futuro polo paulatino abandono do monte e os efectos do cambio climático.

Gregorio Álvarez, vicepresidente da Mancomunidade e presidente do monte veciñal de Valladares, un dos máis afectados, amosa un raio de esperanza a toda esta situación: “Non todo foi negativo neste domingo negro. Emocionounos a implicación das persoas, especialmente da xuventude, nos traballos de extinción do lume. Foron moitas as persoas que se achegaron ao monte a botar unha man, vindo co que podían e poñéndose a disposición nosa para tratar de frear o avance das chamas. Accións como esas fannos reflexionar de xeito moi positivo en relación ao futuro, -continúa- fannos ver que tal vez non sexa tan negro como están agora os nosos montes xa que considero que a implicación das persoas pode axudar a mudar a situación ao que se viu abocada unha parte importante da superficie forestal do concello de Vigo”.

En relación co anterior, na reunión estívose valorando como xestionar as numerosas ofertas de colaboración recibidas de persoas que, a través de diferentes organizacións, se están apuntando para botar unha man nas tarefas de restauración dos nosos montes.

É necesario ter en conta que o proceso de recuperación da superficie queimada ten diferentes fases que deben ser levadas a cabo con calma e prudencia para non provocar un impacto aínda máis negativo sobre un entorno xa moi debilitado. “Un primeiro paso será estabilizar a superficie para evitar, na medida do posible, os efectos erosivos que poidan producir as previsibles choivas do outono e inverno. Neste sentido estase a valorar as mellores medidas para tratar de desenvolvelas o longo dos próximos días en estreita colaboración con concello de Vigo, -indica o equipo técnico da Mancomunidade-, así poderase artellar actuacións definidas con obxectivos concretos, sen que esas actuacións poidan prexudicar as posteriores actuacións que se levarán a cabo para a recuperación do estado natural previo ao lume unha vez poida ser retirada a madeira queimada”.

Polo de agora xa se está a traballar nunha ordenación adecuada da superficie queimada para reducir o impacto futuro de lumes como o vivido. De aí que se lles pida as persoas que queiran colaborar connosco certa paciencia porque as accións que se tomen de modo precipitado poden ter importantes repercusións no futuro.  É importante marcar o camiño adecuado dende un primeiro momento. Debe facerse una avaliación de que facer en cada un dos montes afectados, cunha planificación técnica que permita un resultado óptimo das medidas que se tomen. “Estanse a ter contactos co Concello de Vigo para avaliar como poder artellar e coordinar a vontade de colaboración de todas estas persoas persoas sen poñer en risco a súa integridade física tendo en conta o perigo que revisten certos traballos no monte e as responsabilidades que esto supón para a Mancomunidade”, indicou Uxío González.

Accións para restaurar o terreo e o traballo perdido

Concellería de Medio Ambiente do Concello de Vigo infórmase que se procederá a modificar a programación do programa medioambiental, Camiño a Camiño, prevista para os meses de outubro e novembro debido á Catástrofe incendiaria sofrida nos Montes de Vigo.

Por tal motivo, está previsto substituír os percorridos pola Senda Panorámica de Vigo (GR-53) e as actuacións ordinarias de voluntariado de Camiño a Camiño en Sendeiros por actuacións nos montes de Vigo.

Está previsto que este luns 23 de outubro se coñezan tanto as actuacións a realizar o domingo 29 de outubro pola mañá (que substitúen á ruta prevista), como as actuacións a realizar durante os días de semana.

Darase deste xeito saída a tantas e tantas  persoas que queren sumar o seu grao de área para comenzar o longo proceso de reconstrucción da desfeita. 

Equipos técnicos do Centro de Investigación Forestal Lourizán serán os encargados de realizar o labor de análise para determinar: que tipo de actuacións son necesarias, como podería ser a drenaxe do terreo, a limpeza das canalizacións, a creación de barreiras, a colocación de mallas de geotéxtil na costa ou a cobertura do terreo con palla, entre outras.

Grazas!

CalmaDos

Estamos emocionados pola compañía,
pola comprensión, polas ganas de colaborar.
Polos vellos, nenos, mulleres e homes 
que tanto fixeron, hai unha semana, 
para evitar un desastre maior.
Emocionados pola valente actuación da xuventude.
Temos futuro e sangre nova consciente!!!
Emocionados tamén pola actuación de bombeiros, 
policías, persoal sanitario
e gardas civís que fixeron 
todo o que estivo nas súas mans. 
Polo compromiso do Concello. Seremos máis fortes.
Imos recuperar o pulmón da cidade e o paseo dos findes... 
Unha mensaxe máis: este non é so o problema de
Valadares, Coruxo, Comesaña, Matamá, e Zamáns.
É de todalas comunidades de montes unidas 
para sair desta dura situación. 
Grazas, moitas grazas!

Montes de Vigo

 

Continuar leyendo
Powered by EasyBlog for Joomla!