O monte xa empeza a vestirse de outono e as sensacións son melancólicas. Ao mesmo tempo invita a iniciar a tradición da recolleita da castaña e do cogumelo e a celebración arredor da mesa.
Precisamente este sábado 22 de outubro, as 17:00 estades convidados a realizar un paseo polos montes de Oia e Saiáns. O lugar de convocatoria é o Parque Forestal de Saiáns (ver localización), onde se deixarán os coches.
Se o tempo o permite, aparte de facer un percorrido circular, apañaranse castañas e coñeceranse curiosidades do monte nesta época.
Ao final farase un magosto, ben no monte se se está agradable, ben na asociación de veciños de Saiáns se está o tempo desapacible.
Lembraros de inscribir aqui.