
Montes de Vigo convoca as III Xornadas "Froitos do noso monte" para o venres 18 de novembro, as 19:00.
Trátase dunha xornada de intercambio para comuneiros/as e público en xeral en relación coa explotación dos montes veciñais en man común.
19:00 Apertura e presentación
19:10 As plantacións de oliveira en Galicia (José Galán)
A historia da oliveira en Galicia | A olivicultura moderna na nosa comunidade | Realizacións de plantacións de oliveiras en Galicia | Coidados básicos e rendibilidade
19:50 O mundo dos cogomelos (Manuel Domínguez Rey)
Nutrición, crecemento e reprodución | Partes e crecemento dun cogomelo | Consellos de recolección e comportamento | Lexislación | Clasificación
20:30 Degustación de cogomelos e de castañas asadas (Ag. Micolóxica A Zarrota)
Lugar de realización: Asociación veciñal, Cultural e Deportiva Nautilius (Camiño Sanin 54 Comesaña-Vigo) (premer para a localización)
Gratuíto para comuneiros/as e membros do Club de amigos/as dos montes de Vigo.
Inscrición (premer aqui)