
A Mancomunidade de Montes de Vigo organiza o vindeiro sábado, 27 de xaneiro, as 19:00 h, no Auditorio do Centro Veciñal e Cultural de Valladares (ver localización) o FESTIVAL SOLIDARIO POLOS MONTES QUEIMADOS.
O obxectivo é proseguir coa recadación de fondos para as actividades de recuperación dos montes comunais queimados e para a creación do anel verde previstas realizar durante este ano.
Tamén está previsto agradecer ao voluntariado de Camiño a Camiño do Concello de Vigo a súa colaboración realizada durante os meses de novembro e decembro.
No programa adxunto recóllese a programación prevista para o Festival.