
A Mancomunidade de Montes de Vigo e as 13 Comunidades de Montes Veciñais asociadas levan recibido múltiples mostras de solidariedade dende que en outubro de 2017 tiveron lugar os incendios que asolaron un terzo da masa forestal de Vigo. Algunhas das colaboración foron monetarias e outras en planta que se está depositando nos distintos viveiros cos que contan as comunidades de montes.
O compromiso de Montes de Vigo é adicar os recursos recibidos á rexeneración dos montes queimados e a iniciar o Anel verde que atravese os montes das distintas comunidades. Neste mes de febreiro e durante o mes de marzo terán lugar as plantacións con centros educativos das parroquias, con diversos colectivos e con empresas patrocinadoras. Particularmente a primeira gran plantación terá lugar o próximo sábado 24.
Campaña "Rexeneramos os montes de Vigo" patrocinada por Coca Cola.
O sábado 24 de febreiro nos montes de Oia está previsto celebrar unha plantación de castiñeiros dentro da Campaña "Rexeneramos os Montes de Vigo" patrocinada por Coca Cola, cos participantes nos obradoiros familiares de Vigolandia realizados no nadal en IFEVI.
INSCRICIÓN: PREMER FORMULARIO AQUI
Data plantación: 24 de febreiro, 16:30
Participantes: familias inscritas no obradoiro de Vigolandia17
Lugar de encontro: Parque Forestal de Oia (premer en Google Maps)