A actividade de plantación promovida por Montes de Vigo en colaboración co Coca Cola contou coa participación de preto de 100 persoas e desenvolveuse nos montes de Oia cunha gran implicación dos participantes.
120 foron os castiñeiros plantados e que, á súa vez, foron doados por diversos colectivos e empresas. Cubriron unha franxa importante da beira do GR-53 ao seu paso polos montes de Oia, e que conforma un dos tramos do anel verde que as comunidades de montes están a promover nos montes periurbanos de Vigo.
Ao finalizar a actividade realizouse un paseo polo GR-53 (Senda panorámica de Vigo) ata os montes de Coruxo, onde se poido comprobar cales foron os efectos dos incendios.
A actividade foi recollida nos medios de comunicación (Faro de Vigo, La Voz de Galicia-Vigo e Atlántico Diario)
Tamén se realizou un pequeno video recordatorio do día