Sémola promoveu unha plantación na Comunidade de Montes de Matamá en colaboración coa Ampa de Villa Laura, así como con Montes de Vigo.
Foron 50 castiñeiros que se poideron plantar nunha tarde fermosa e cunhas vistas panorámicas de Vigo moi espectaculares.
Aparte de ensinar a plantar árbores, Indalecio, o presidente da Comunidade de Montes, explicoulle a nenos/as e nais/pais algunhas curiosidades do que acontece nos montes.