Segunda semana de Paseos polos Montes de Vigo. Nesta ocasión a proposta feita pola Mancomunidade de Montes de Vigo en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente, é coñecer as riquezas medioambientais, paisaxísticas e patrimoniais existentes nos montes de Bembrive. Trátase do Parque botánico "Arco da Vella" a carón do río Eifonso.
Punto de encontro: Capela dos Ramallos ou de San Cibrao (localización en Google Maps)
Hora de quedada: 16:30. Duración aproximada: 2:30 horas
Público destinatario: familias con menores, persoas interesadas no coñecemento dos montes de Vigo.
Temas a abordar: flora e fauna dun bosque de ribeira (ver paneis), patrimonio, o río Eifonso, etc
Inscrición gratuíta de luns a venres a medio día no 010 (986 81 02 60 dende móbil) ou no apartado Inscricións do blog de montes de Vigo (premer aqui)
Máis información: montesdevigo.servizos@gmail.com ou no 662 23 10 23.