
A Mancomunidade de Montes de Vigo, que aglutina ás 13 comunidades de montes existentes en Vigo, inicia a súa programación de actos "1º ano rexenerando os Montes de Vigo" cunha Conferencia no Club Faro de Vigo , o 3 de outubro as 20:00h, a cargo de Juan Picos, Director da Escola de Enxeñería Forestal de Pontevedra. A presentación correrá a cargo de Gregorio Álvarez, vicepresidente de Montes de Vigo e presidente da Comunidade de Montes de Valladares.
O título da conferencia será "Que aprendemos nos incendios de outubro de 2017?". O ponente plantéxase que o acontecido nese mes marca un antes e un despois no que respecta aos incendios no Sur da provincia de Pontevedra, e faise preguntas como: Que fixo distinto este episodio en relación cos vividos outras veces?, Podería terse previsto?, Que consecuencias tivo?, Que lección cómpre aprender?
A conferencia terá lugar o mércores 3 de outubro, a partir das 20:00 horas, no Auditorio Municipal do Areal, rúa Oporto.
Máis información na web do Club Faro de Vigo (premer)