
A Mancomunidade de Montes de Vigo organiza a "V Trail Montes de Vigo" e a "I Andaina pola Rexeneración dos montes de Vigo" para o domingo 14 de outubro, coincidindo co 1º aniversario da catástrofe incendiaria vivida en cinco das trece comunidades de montes de Vigo.
Toda a información sobre Inscrición, Trazados e Tracks, Lugar de inicio, Recollida de dorsais, Resultados e Regulamento está depositado no seguinte enlace (PREMER).
Xa están dispoñibles os tracks das probas en Wikilock no anterior enlace. Ter presente que houbo modificacións sobre a previsión inicial debido ás talas e os desbroces producidos durante o verán.
Cómpre advertir tamén que as distancias e os desniveis están obtidos sobre o percorrido trazado o 8 de outubro e xestionado en Google Earth, podendo haber diferencias ao cargalos noutros sistemas (p.e. wikilock, etc)
Para calquera dúbida podedes contactar co teléfono 608 046 047 ou o correo montesdevigo.servizos@gmail.com