O NÚMERO 5 DA REVISTA DE MONTES DE VIGO XA ESTÁ DISPOÑIBLE


Como é tradición por nadal, a Mancomunidade de Montes de Vigo publica a súa revista anual. En breve disporase en versión papel.

Neste 5º número titulado "2018: un ano rexenerando os montes de Vigo" (PREMER) faise un repaso polo traballo realizado a partir dos incendios de outubro de 2017, que marcan un antes e un despois na xestión dos montes de Vigo. Tamén se recollen poñencias de expertos que nos poden orientar en como abordar esta xestión futura.

Neste senso, resulta moi elocuente a editorial que realiza Uxío González, Presidente da Mancomunidade, e que se reproduce de seguido:

"Nunca un ano durou tanto e tan pouco á vez. Este ano 2018 foi intenso en traballo de rexeneración dos montes queimados na vaga de lumes de outubro de 2017. As Comunidades de montes de Coruxo, Comesaña, Matamá, Valladares e Zamáns tiveron que traballar arreo coa madeira queimada, cos restos das cortas e para que a aparición de acacia e outras plantas invasoras, así como a forte rexeneración do eucalipto, non colonizara o terreo ermo. Un traballo intenso e laborioso.

Simultaneamente tiveron lugar múltiples actos de “lembranza para non esquecer”, no que se rendeu homenaxe a todos aqueles que colaboraron tanto nas labores de extinción como nas de protección do terreo. Resultou moi motivador ver a oleada de apoio da cidadanía e das empresas e entidades sociais, querendo empezar de golpe cunhas plantacións que, por desgracia, teñen que facerse pouco a pouco, a medida que o terreo estea en condicións.

Ao mesmo tempo, as trece Comunidades de montes que conforman a Mancomunidade de Montes de Vigo iniciamos un proceso de reflexión e revisión da situación vivida de cara a evitar que se volvan a producir incendios de gran intensidade que afecten tanto ao monte como á poboación e os seus bens. Cal é o papel de montes periurbanos como o de Vigo?, como lograr a súa sustentabilidade?, como convivir co monte particular abandonado?, etc. Son preguntas a respostar nas necesarias revisións que cada comunidade de montes ten que facer no seus Planos de ordenación e, conxuntamente, na actualización do plano estratéxico de Montes de Vigo.

Neste proceso contamos coas aportacións de técnicos de distintas disciplinas e unha cousa quedou clara: “os grandes lumes viñeron para quedarse” e hai que por os medios para prepararse de cara a vindeira ocasión. O tempo apremia e compre a coordinación coas administracións competentes: o Concello de Vigo no tocante á faixa secundaria, que se concreta no previsto Anel Verde de Vigo, e a Xunta de Galicia, nas franxas de descontinuidade nas partes altas do monte e nas infraestruturas de prevención de incendios nos propios montes.


Os primeiros pasos están dados, pero semella que é preciso un impulso máis decidido, tanto no interior do movemento comunal como no exterior, por parte das administracións, pois o problema que temos entre mans é de primeira magnitude e, ao mellor, non queda moito tempo ata o próximo episodio. Mans á obra".
Nombre

Actualidade,147,Destacado,89,eventos,9,
ltr
item
Montes de Vigo: O NÚMERO 5 DA REVISTA DE MONTES DE VIGO XA ESTÁ DISPOÑIBLE
O NÚMERO 5 DA REVISTA DE MONTES DE VIGO XA ESTÁ DISPOÑIBLE
https://2.bp.blogspot.com/-nWwMZjeCluk/XB97O4WwSKI/AAAAAAAADjg/kaL9aAkqh909V0W2yKYu5JqmCqraQ5EuQCEwYBhgL/s320/Revista_MontesdeVigo_5_2018.jpg
https://2.bp.blogspot.com/-nWwMZjeCluk/XB97O4WwSKI/AAAAAAAADjg/kaL9aAkqh909V0W2yKYu5JqmCqraQ5EuQCEwYBhgL/s72-c/Revista_MontesdeVigo_5_2018.jpg
Montes de Vigo
https://www.montesdevigo.org/2018/12/Revista-de-montes-de-vigo-5-2018.html
https://www.montesdevigo.org/
https://www.montesdevigo.org/
https://www.montesdevigo.org/2018/12/Revista-de-montes-de-vigo-5-2018.html
true
8322081761724650788
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS ARTIGOS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar