Este mércores 26 de decembro arrancou Vigolandia 2018 no IFEVI, e Montes de Vigo, como ven sendo tradición, presentou o seu stand no que se recolle unha proposta de actividades para as familias asistentes.
O stand resulta atractivo pola súa decoración, na que se recolle unha coleción de árbores presentes nos montes de Vigo, unha exposición de Arte no queimado e unha variedade de actividades para os máis pequenos. Particularmente esta resultando moi demandado os xogos tradicionais e o rastrexo polos sendeiros locais de Vigo.
Aquelas familias interesadas poden visitar o stand ata o domingo 30 de decembro, en horario de 12 a 20 horas.