
Como ven sendo xa habitual nestes últimos anos, Montes de Vigo estará presente cun stand en Vigolandia 2018 no IFEVI entre o mércores 26 pola tarde e o domingo 30 de decembro.
A proposta é dar a coñecer a riqueza dos montes de Vigo como espazo de lecer para toda a familia, así como os traballos de rexeneración dos montes queimados nos incendios de 2018.
Haberá unha exposición artística de "Arte no queimado" e unha exposición fotográfica cos traballos de rexeneración realizados durante 2018.
Realizaranse diversos obradoiros infantís con motivos relacionados co monte e, en colaboración con Coca Cola, un obradoiro de semilleiros de árbores autóctonas. Tamén realizarase un rastrexo por Vigolandia
Estades todas e todos invitados a pasar polo stand e faceros unha foto no particular Photocall deseñado para a ocasión.