Coa entrada do ano entran en vigor os cambios normativos relacionados co sector forestal recollidos na Lei de Acompañamento dos Orzamentos de Galicia 2019 (PREMER para ver o estracto do DOGA). Toda a normativa forestal a podedes atopar AQUI.
No caso das Comunidades de montes veciñais en man común vanse ver afectadas por distintos aspectos (PREMER para ver resumo dos temas máis destados), un deles interesante no tocante en enclaves colindantes cos terreos comunais (novo apartado 4 do artigo 122 da Lei de montes de Galicia):
"4. As persoas titulares de parcelas forestais ou de dereito de uso das parcelas enclavadas ou situadas entre predios explotados e xestionados por unha sociedade de fomento forestal quedan obrigadas a manter unha axeitada xestión forestal da súa propiedade, cando menos mediante a adhesión a un modelo silvícola que alcance un nivel de xestión silvícola equiparable ao da sociedade de fomento forestal.
De acordo co artigo 28 da Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, se o nivel de abandono da parcela é tal que supón un risco para os terreos lindeiros da sociedade de fomento forestal, en canto á propagación de incendios forestais ou no relativo á sanidade vexetal, poderase iniciar un procedemento de declaración da parcela en situación de abandono. Esta declaración habilitará a Administración forestal para a execución subsidiaria das actuacións necesarias para a eliminación dos riscos, sen prexuízo da súa repercusión ao titular da parcela ou ao titular do seu aproveitamento se é o caso"