
Na mañá do sábado 9 de febreiro a Comunidade de Montes de Comesaña organizou unha intensa plantación de frondosas a carón do Parque Forestal de Aguieira, nunha ladeira totalmente queimada nos incendios de outubro de 2017. En total foron 125 árbores: 50 carballos, 50 roble americano e 25 freixos.
Na acción participou voluntariado de Camiño a Camiño, que xa no seu día axudara a protexer a zona das escorrentías posteriores aos incendios.