
A mañá deste venres acolleu unha nova plantación nos montes queimados, nesta ocasión, da Comunidade de Montes de San Andrés de Comesaña.
Os protagonistas foron os 52 alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria do CEIP Párroco Don Camilo, que da man dos comuneiros de Comesaña plantaron frondosas na plantación arrasada en outubro de 2017.
Ademáis a plantación foi acompañada pola visita dos xornalistas da Sexta, que fixeron unha reportaxe da actividade realizada.