
Seguindo a convocatoria efectuada pola Comunidade de Montes de Matamá, este pasado sábado 2 de febreiro houbo unha gran participación na reforestación realizada en montes queimados.
A convocatoria tivo lugar no Parque Forestal de Maruxento, dende onde os e as participantes se encamiñaron a unha ampla zona de onde tivo lugar a plantación das frondosas previstas.