
A resposta á convocatoria da Comunidade de Montes de Matamá foi correspondida por 22 persoas que, nunha intensa mañá de traballo, deron plantado 350 árbores de 15 especies diferentes.
En verbas do Presidente da CM de Matamá: "moi bó traballo e grazas a todos e todas". Agora toca coidar estas plantacións para que vaian arriba.