
O Presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo, Uxío González, fai un chamamento á sociedade para que se respecten os montes e se eviten os vequidos incontrolados que están xerando un grave perxuizo económico ás distintas comunidades de montes veciñais membros da mancomunidade, así como unha imaxe pouco cívica para todos aqueles que realizan actividades de lecer nos montes. Fai un recordatorio que no existe un servizo municipal de Punto Limpo no Camiño do Caramuxo, que é gratuíto. No artigo publicado na Voz de Galicia recóllense exemplos concretos do que está a dicir (premer).
Tamén lembra ás administracións competentes que as comunidades de montes son as primeiras interesadas en que o monte estea limpo, e por tal motivo non teñen que ser as víctimas unha vez que poñen en coñecemento estes verquidos incontrolados. Neste sentido o que propón é unha colaboración permanente para que se localicen aos infractores e se lle aplique a normativa vixente