Dentro da Campaña "Rexenerando os montes queimados de Vigo", Coca Cola colabora con Montes de Vigo na plantación de árbores autóctonos na Comunidade de Montes de Coruxo o vindeiro sábado 23 de febreiro, a partir das 10:00 horas.
Durante as edicións de 2017 e 2018 de Vigolandia, Montes de Vigo realizou un obradoiro no stand de Coca Cola para explicar as consecuencias dos incendios de outubro de 2017 e no que, ademáis, se fixeron semilleiros para a súa posterior plantación.
Agora toca facer a plantación e convócase a todas aquelas familias que participaron nestas actividades, así como as que participaron nas plantacións realizadas durante 2018 e aquelas outras familias que teñan a ben asistir.
Formulario de inscrición: PREMER PARA ACCEDER
Lugar: Campo de fútbol de Coruxo (premer para ver localización en Google Maps), para desprazarse ao lugar de plantación.
Data: 23 de febreiro de 2019
Hora: entre 10:00 e 13:00
Recomendación: levar calzado para monte
Máis info: 608 046 047 ou en info@montesdevigo.org