
As actuacións no anel verde de Vigo principiarán coa plantación de 1500 castiñeiros e carballos, afectando tanto a Parques Forestais como montes queimados. A iniciativa foi presentada en rolda de prensa polo Alcalde de Vigo, Abel Caballero e recollida no Faro de Vigo de hoxe (premer)
Na mesma deuse a coñecer tamén a inmediata incorporación de 20 traballadores/as no Plan de Emprego promovido polo Concello de Vigo e que están destinados de forma permanente á limpeza dos montes de Vigo durante o período febreiro-agosto.