A Mancomunidade de Montes de Vigo, que aglutina ás 13 Comunidades de Montes Veciñais de Vigo, emite este comunicado nun día que tería que ser de lecer para toda a cidadanía e que, nembargantes, polos feitos acontecidos nos Montes de Beade, resulta triste.
No positivo do día, máis de 100 persoas participaron nunha plantación convocada conxuntamente por Decathlon Vigo e Montes de Vigo dentro da campaña “Rexenerando os montes de Vigo”. Tivo lugar nos Montes da Sobreira, dentro da Comunidade de Montes de Valladares, e consistiu nunha plantación de 350 cerdeiras silvestres e a erradicación de brotes de acacia.
Na sesión brillou a solidariedade dos e das participantes, incluídos moitos menores, que rememoraron o acontecido en outubro de 2017 e as consecuencias que ocasionaron, asolando por completo os montes circundantes e facendo que nestes momentos un dos principais traballos aparte de reforestar sexa abordar a invasión de acacias, tal e como se pode comprobar nas fotos da actividade (PREMER).
Tamén houbo un momento de solidariedade con outros concellos que estes días están a vivir o mesmo, en particular en Arousa.
No negativo do día, hai que facer mención ao desgraciado episodio vivido na pasada noite nos Montes de Beade, que consecuencia de que non se permitira o macrobotellón con motivo de San Pepe na Cidade Universitaria de Lagoas-Marcosende, resultase que acabase sendo o Parque Forestal de Beade o lugar de realización do mesmo sen nengún tipo de control nin medidas de seguridade e de limpeza. As imaxes dos xornais (Faro de Vigo, La Voz de Galicia-Vigo e Atlántico-Diario) da peregrenización consecuencia da expulsión por parte dos servizos de seguridade habilitados pola Universidade de Vigo deron como consecuencia un acto de incivismo impropio dos tempos que corren.
Nun só día bótase por terra o traballo que dende as Comunidades de Montes de Vigo en colaboración co Concello de Vigo veñen facendo para que os espazos que brindan á cidadanía de xeito gratuíto e para un uso público, acaben sendo desprezados e literalmente un vertedoiro descontrolado. Este feito pódese comprobar nas imaxes que se achegan, verdadeiramente impropia duns xoves universitarios tan preocupados polo entorno no que viven e do que son os próximos responsables.
Dada a gravidade do feito, a Xunta Reitora da Mancomunidade de Vigo reunida de forma urxente quere condenar os feitos citados e solicita publicamente unha disculpa por parte da ou das entidades responsables da organización do evento de San Pepe, así como unha entrevista urxente co Reitor da Universidade de Vigo de cara a propór unha acción de desagravio polo vivido.