
Nos montes do Vixiador pódense facer moitas actividades: sendeirismo, mountanbike, baños de bosque, etc. Dende agora unha máis: deleitarse cos "Contos do Vixiador", escrito por Ángel Moisés Durán Iriarte.
Poderás localizar a nova publicación na cafetería da Comunidade de Montes de Candeán e tamén nas librarías e, mesmo, en Amazon.
Contos do Vixiador resúmese nas seguintes verbas do autor: "É unha fermosa viaxe ao interior da nosa cultura. Os contos aquí relatados son historias extraídas da lembranza popular, e contadas polos veciños desta incomparable zona de Vigo. Son pequenos eslavóns de historia recente. Unhas tristes, outras simpáticas ou incluso fantasiosas, pero todas elas contadas co maior e máis grande dos respectos aos seus protagonistas.
O máis fermoso é que se se comparamos os contos, se comparamos os vellos cos novos, dunha rápida ollada vemos canto trocou a vida en 50 anos pero, ao mesmo tempo, podemos celebrar que a bondade propia desta xente normal, xusta e traballadora, permanece case que intacta e a disposición da humanidade"