O alumnado de 4º de Primaria do Colexio Miralba participa nunha plantación de 100 castiñeiros nos montes da Sobreira, na Comunidade de Montes de Valladares. Da man de Gregorio, o Presidente da Comunidade, poideron coñecer de primeira man como estaban poblados estes montes antes dos incendios de outubro de 2017, e como quedaron completamente desolados despois. Tamén, para deleite dos presentes, explicou historias dos montes de Valladares, entre as que se atopa o motivo polo que a Capela do Alba se encalara de branco fai séculos.
Tamén aprenderon, da man de Toño, o capataz da Comunidade de Montes de Valladares, como é o proceso de plantación de frondosas en toda eses montes colindantes coa estrada Clara Campoamor, que formaran parte do futuro cinturón verde de Vigo. Posteriormente reproduciron as aprendizaxes recibida con sumo coidado, tal e como se comproba nas seguintes instantáneas.