O pasado sábado resultou moi intenso na Comunidade de Montes de Beade ao acoller o terceiro Paseo polos Montes de Vigo que se organiza en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente de Vigo, así como a conferencia "Usos e recursos do monte comunal".
O presidente da Comunidade de Montes acolleu aos particpantes no Paseo, explicándolles a vocación de monte aberto que teñen os montes de Beade para todo tipo de actividade.
Un pouco máis tarde, nos locais do Centro Social, Cultural e Recreativo de Beade tiveron lugar tres conferencias nas que se analizaron as potencialidades dos montes periurbano dende a perspectiva histórica, da bioeconomía e da xestión concreta dun monte como o de Beade. Nos vindeiros días colgaranse os vídeos das interesantes poñencias.
Videos das conferencias (pulsar nos títulos):
Xosé Carlos Morgade, da C.M. de Mourente (Pontevedra),
presenta as orixes das comunidades de montes veciñais en man común e cales son
os seus rasgos definitorios no pasado e no presente
Xosé Covelo, da Asociación Forestal de Galicia, presenta a
dinámica de funcionamento das comunidades de montes veciñais en man común e por
onde debe encamiñarse a súa actividade dende a perspectiva da bioeconomía.
Oscar Santaclara, Enxeñeiro forestal, presenta un modelo de
xestión comunal a partir do caso da Comunidade de Montes de Beade (Vigo)