Directivos da Mancomunidade de Montes de Vigo participaron na presentación da VI Andaina polos Montes de Vigo, que correu a cargo do Alcalde de Vigo, Abel Caballero, e que contou coa presenza da Concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, e da Responsable de RSE de Vegalsa Eroski, Irasema Damaso Carballido.
No acto o Alcalde puxo en valor o traballo que se están a desenvolvendo dende Montes de Vigo pola conservación e posta a disposición dos montes ao servizo da cidadanía viguesa, así como a colaboración decidida por parte do Concello de Vigo en estas infraestructuras sociais. Tamén lanzou o reto de chegar a 2000 participantes nesta VI edición da Andaina.
Pola súa parte, Uxío González, en representación das comunidades de montes de Vigo, quixo agradecer a colaboración decidida que se está a producir e, particularmente, quixo facer unha mención especial ao papel que a Concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, leva facendo para divulgar os montes de Vigo e para dotalos dunha infraestructura de sendeiros permanentes, que na actualidade chegan aos case 130 km.
No acto levouse un carballo e un castiñeiro dos plantados na Andaina de 2018, como símbolo da destacada participación cidadá que está habendo na rexeneración dos montes.
Información da Andaina e inscrición
Uxío González presentou a Andaina como un encontro "para todos os públicos" dado que o percorrido deste ano ten previsto percorridos de 7 km, de 21 km, de 32 km e de 39 km. A ruta parte do Parque Forestal de Zamáns e pasa polos montes de Beade, Bembrive, Cabral e Candeán. Ver máis información no folleto (PREMER) e INSCRICIÓNS AQUÍ.
A inscrición leva asociado a aceptación do regulamento da andaina e asumir o custe do desprazamento en autobús urbano dende a Praza do Rei ata o lugar de saída e a correspondente volta, podéndose empregar a tarxeta Pass-Vigo.
O mesmo día da andaina na Praza do Rei terá lugar o proceso de control de asistencia e entregarase a camiseta conmemorativa da VIª Andaina polos montes de Vigo, e proporcionarase un kit con material de avituallamento e promocional cortesía de Vegalsa-Eroski e de Coca Cola. Tamén ao longo do percorrido poderase completar o abastecemento con bebida e alimentos enerxéticos.
Para quen participe no Percorrido curto ou na Pequerruta, cabe a posibilidade de que se realice o control de saída directamente no Parque Forestal do Vixiador, sendo alí onde se entregue a camiseta e o kit de abastecemento. No caso da Ruta adaptada necesariamente a incorporación terá lugar no Parque Forestal do Vixiador.
Unha vez chegado ao punto de saída das distintas andainas, iniciaranse as mesmas co acompañamento de persoal de organización que encabezarán os grupos e que se verán reforzados en diversos puntos críticos ou travesías por voluntarios/as das distintas comunidades de montes que se transitan.
Está previsto pechar a actividade e facer a comida no Parque forestal do Vixiador, agás os que fagan todo o percorrido, que continuarán pola tarde. A partir das 16:00 horas, estarán dispoñibles as lanzadeiras que volverán á Praza do Rei.