MONTES DE VIGO PROPÓN TRES GRANDES TEMAS PARA AS MUNICIPAIS

Na Xunta Reitora da Mancomunidade de Montes de Vigo do 13 de maio analizáronse as prioridades que dende as 13 Comunidades de Montes de Vigo (aglutinan máis de 4000 comuneiros e comuneiras e o 17% da superficie do termo municipal) se están traballando no último ano en relación co Concello de Vigo e que se presentan como necesidades para abordar na vindeira lexislatura.

Entrevisa a Uxío González, Presidente de Montes de Vigo

Principais demandas á nova corporación resultante das eleccións do 26 de maio:

1. Axilizar e reforzar as accións de prevención de incendios. Dende os incendios de outubro de 2017 aprendeuse que os "grandes incendios" estanse producindo no noso territorio e que van a volverse a producir. Por tal motivo hai que abordalos con estratexias de investimentos e de mantemento do monte inmediatas.  Particularmente é imprescindible crear o Anel Verde o máis axiña posible, así como reforzar as cuadrillas de limpeza e conservación do monte periurbano que actualmente están financiadas polo Plan de Emprego Local.

2. Profundizar na potenciación e dinamización dos Parques Forestais e dos Sendeiros Locais. Nesta liña é preciso a revisión dos convenios que o Concello de Vigo ten coas Comunidades de Montes para actualizalos á dinámica social actual (leva máis de vinte anos asinados). Nesta dirección é fundamental reforzar os Parques Forestais como espacios de lecer colectivos con maior dotación de mesas de uso público e abordar as barbacoas axeitadas á nova normativa vixente.
Por outra banda, proseguir coa acertada actividade de sinalización dos sendeiros locais, que fan que os cidadáns poidan gozar do monte con seguridade, incrementado as actividades de dinamización destas infraestructuras deportivas ao alcance da maioría da cidadanía.

3. Iniciar un programa de achegamento do monte á cidadanía, particularmente aos escolares, a través de accións de educación ambiental. Na medida en que os rapaces e rapazas coñezan o monte, a súa biodiversidade, a súa historia e patrimonio, as súas posibilidades para xogar e coñecer o territorio, a medida que sexan adultos terán unha relación amigable co mesmo e respectarán o traballo que as comunidades de montes fan no monte.
Esta mesma lóxica hai que incorporala cos adultos, e particularmente con aqueles que non respectan a lexislación vixente no tocante a tránsito de vehículos con motor polos montes, xerando importantes estragos nas novas plantacións que se están a facer e facendo rodeiras que modifican o comportamento da circulación da auga no monte.
Nombre

Actualidade,154,Destacado,96,eventos,14,
ltr
item
Montes de Vigo: MONTES DE VIGO PROPÓN TRES GRANDES TEMAS PARA AS MUNICIPAIS
MONTES DE VIGO PROPÓN TRES GRANDES TEMAS PARA AS MUNICIPAIS
https://3.bp.blogspot.com/-bpNPznwoZm0/XOLAHj0MPZI/AAAAAAAAEWo/KVGO9gVsAqsub50kfUnnsMit5T9AGmgawCLcBGAs/s320/2019-05-19%2BReivindicaci%25C3%25B3ns%2BMVigo%2B%2528FV%2529.jpg
https://3.bp.blogspot.com/-bpNPznwoZm0/XOLAHj0MPZI/AAAAAAAAEWo/KVGO9gVsAqsub50kfUnnsMit5T9AGmgawCLcBGAs/s72-c/2019-05-19%2BReivindicaci%25C3%25B3ns%2BMVigo%2B%2528FV%2529.jpg
Montes de Vigo
https://www.montesdevigo.org/2019/05/demandas-nova-corporacion-concello-vigo-01.html
https://www.montesdevigo.org/
https://www.montesdevigo.org/
https://www.montesdevigo.org/2019/05/demandas-nova-corporacion-concello-vigo-01.html
true
8322081761724650788
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS ARTIGOS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar