Este domingo 12 de maio tivo lugar a VI Andaina de Montes de Vigo, que organiza a Concellería de Medio Ambiente en colaboración con Montes de Vigo e co apoio de Vegalsa-Eroski e Coca-Cola.
Resultou un éxito de participación, nun día fenomenal para gozar do monte e no que se poido comprobar como os montes de Vigo son un espazo natural accesible para o lecer da cidadanía.
A Andiana circulou polos montes de Zamáns, Beade, Bembrive, Cabral e Candeán, rematando no Parque Forestal do Vixiador. Os e as participantes poideron comprobar o excelente estado dos montes, así como os sendeiros locais de Vigo están dispoñibles para todos os públicos. De feito houbo participantes dende 10 meses ata 85 anos, que asistiron dende a pequerruta ata a ruta completa de 39 km. Ver reportaxe fotográfico AQUI
Na presentación do evento, Uxío González, presidente de Montes de Vigo, fixo un recoñecemento público do traballo realizado pola Concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, para a promoción do monte de Vigo como espazo para a práctica do sendeirismo. O trazado e mantemento de case 130 km de sendeiros e as labouras de promoción das andainas co programa Camiño a Camiño son claras manifestacións deste compromiso.