A Mancomunidade de Montes de Vigo e as 13 Comunidades asociadas mantiveron no día de hoxe unha xuntanza de traballo para proseguir na laboura de ordenación forestal dos montes periurbanos da cidade e abordar algunhas das súas principais problemáticas. Ao final do encontro tivo lugar a sinatura do acordo de colaboración para a rexeneración de catro das comunidades afectadas polos lumes de outubro de 2017.
Xuntanza de traballo Montes de Vigo e Consellería de Medio Rural.
Na mesa abordáronse as principais temáticas que teñen que abordarse nunha Comisión de seguimento e que fan referencia, entre outros, aos seguintes asuntos:
- as franxas de seguridade dos incendios, cunha franxa superior de competencia exclusiva da Xunta de Galicia, e outra preto do asentamento urbano (a senda verde) e na que ten que haber entendemento entre o Concello de Vigo e a Xunta de Galicia, coa participación das Comunidades de Montes.
- as actuacións para facer dos montes periurbanos de Vigo un espazo no que se combinen os usos tradicionais do monte cos usos sociais. Estas actuacións servirán para base para incorporar no futuro Plan Forestal de Galicia.
- os pasos para darlle solución ao problema dos enclaves de particulares abandonados ou que van en liña contraria a ordenación planificada.
- a profundización na regulación dos usos deportivos dos montes periurbanos que eviten os actos incontrolados de falsos deportistas sen permisos, acabando por establecer os espazos autorizados para libre uso. Nesta liña o Conselleiro acadou o compromiso de abordar o problema coa Secretaria Xeral de Deportes.
Acordouse que antes de final de ano haxa un documento que serva de base para as futuras actuacións, e que se inicia co convenio que catro comunidades e a mancomunidade asinan para a rexeneración dos montes queimados.
Convenio asinado por Montes de Vigo e as Comunidades de Montes de Comesaña, Coruxo, Valladares e Zamáns coa Consellería de Medio Rural.
Neste convenio abórdase a rexeneración de catro montes da mancomunidade de Vigo afectados pola vaga de lumes de 2017 e nos que a Xunta de Galicia investirá preto de 1,3 millóns de euros.
Para iso, o conselleiro do Medio Rural xunto ao director xeral de Planificación e Ordenación Forestal e a delegada territorial da Xunta en Vigo asinou hoxe un acordo de colaboración coa mancomunidade de montes de Vigo e con cada unha das comunidades de montes veciñais en man común beneficiadas: a de Valadares, a de San Andrés de Comesaña, a de Coruxo e a de Zamáns. Este acordo ten por obxectivo restablecer o valor ambiental, económico e social da contorna da cidade de Vigo, para o que se desenvolverá un plan de acción para os anos 2019, 2020 e 2021. Este programa de actuación suporá unha restauración total da masa forestal nestes catro montes veciñais.
En concreto, a Consellería do Medio Rural desenvolverá e asumirá o custo total dos traballos, que consisten na plantación de frondosas e coníferas, na realización de rareos sobre o rexenerado de coníferas e na colocación de peches para protexer a área rexenerada. Tamén se fará unha selección de brotes de eucalipto e procederase á eliminación de acacias e eucaliptos. Pola súa banda, as comunidades de montes facilitarán os seus terreos para a execución dos traballos, que ademais, cómpre sinalar, están en zona declarada de alto risco.