Na Facultade de Bioloxía están desenvolvéndose as xornadas "A outra cara do Monte" (ver programa) organizadas polo Laboratorio MicoUvigo da Universidade de Vigo. Nela abordanse os aproveitamentos alternativos ao forestal.
A xornada do mércores 18 de setembro arrancou cunha exposición maxistral por parte de Juan Picos (Director da Escola de Enxeñería Forestal de Vigo) sobre a situación actual do monte galego (en breve estará publicado o video), proseguindo cunha sintese de alternativas por parte de Damián Copena (Grupo de investigación en Economía Ecolóxica).
Ao longo do día presentáronse experiencias de Allariz, da Comunidade de Montes de Teis, da Cooperativa Amarelante e, finalmente, a estratexia de uso social do Monte de Vigo (ver presentación)
Prosiguen as xornadas este xoves 19 de setembro coa visita á Comunidade de Montes de Couso (Gondomar) e un workshop cos participantes.