A Mancomunidade de Montes de Vigo asinou un convenio coa Xunta de Galicia para a inserción laboral de mulleres vítimas de violencia de xénero do que se beneficiaran 7 traballadoras ao longo dun ano para desenvolver labores forestais nas 13 comunidades de montes veciñais asociadas.
No acto estiveron presentes membros da Xunta Reitora de Montes de Vigo e, por parte da Xunta de Galicia, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Medio Rural, José González. Tamén participaron o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro.
Estas axudas enmárcanse nas medidas incluídas dentro do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, que en Galicia coordina a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. O vicepresidente da Xunta destacou a importancia da inserción laboral para que as vítimas da violencia de xénero recuperen a súa autonomía e independencia económica porque a falta de recursos propios e dun traballo estable impide en moitos casos a estas mulleres rachar coa situación de violencia.
Pola súa banda, o presidente de Montes de Vigo, Uxío González, manifestou a unanimidade por parte das 13 comunidades para participar neste programa, así como a responsabilidade que teñen os distintos axentes sociais en posibilitar unha verdadeira inserción social das mulleres que sofren esta lacra. Tamén quixo agradacer o apoio recibido por parte da Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos de Vigo no proceso de selección e incorporación no traballo.