A Mancomunidade de Montes de Vigo, que aglutina as 13 comunidades de montes veciñais do termo municipal, ten prevista unha Asemblea extraordinaria este luns 14 de outubro, ás 19:30.
2º aniversario dos lumes de outubro de 2017
Na orde do día atópanse entre outros temas o seguimento do Plan de rexeneración dos montes queimados e as actividades prevista durante esta semana para no esquecer os fatídicos sucesos daquel domingo 15 de outubro de 2017, onde en menos de 10 horas queimouse o 36% da superficie forestal da mancomunidade e o traballo de recuperación forestal de 30 anos.
Dentro da programación prevista, este domingo 13 de outubro tivo lugar a VI Trail Montes de Vigo e a II Andaina pola rexeneración dos montes de Vigo, cunha participación de preto de 400 persoas. Ver reportaxe fotográfica AQUI.
Máñan martes 15 de outubro, que é cando se celebra o segundo aniversario, está previsto realizar un acto simbólico nas cinco parroquias afectadas polos lumes (Comesaña, Coruxo, Matamá, Valladares e Zamáns). Consistirá en convidar aos centros educatívos destas parroquias a que no recreo se faga unha lembranza do acontecido e ao final do acto un dos comuneiros maiores da parroquia lle pase o testigo da rexeneración dos montes a un rapaz/rapaz neto/a de comuneiros representado nunha árbore para plantar.
O domingo 20 de outubro, as 18h, terá lugar o Festival solidario cos montes queimados no Centro Veciñal e Cultural de Valladares. Actuarán a Orquestra KV2211, o Rancho Folclórico de Alvorge e Vocalítis. Tamén terá lugar o irmanamento cos pobos de Ansiao e Pedro Grao Grande de Portugal, tamén afectados polos desgraciados lumes.
25 aniversario da Comunidade de Montes de Candeán
Durante a Asemblea tamén se fará unha mención especial ao 25 aniversario da constitución da Comunidade de Montes de Candeán. O pasado sábado 12 de outubro celebraron este aniversario cunha convocatoria de vellos e novos comuneiros/as no Parque Forestal de Vixiador. Visitaron os montes e realizaron ao final do acto unha lembranza da traxectoria vivida.