AS COMUNIDADES DE MONTES DE VIGO DESPIDEN A PEPE DE BEADE

Esta tarde todo o movemento comunal de Vigo reuniuse para darlle a Ășltima despedida a Pepe, Presidente da Comunidade de Montes de Beade nos Ășltimos 26 anos e decano dos presidentes de Vigo.


O presidente de Montes de Vigo, UxĂ­o GonzĂĄlez, en representaciĂłn das 13 comunidades de montes veciñais en man comĂșn de Vigo, quixo facer un recoñecemento pĂșblico co seguinte escrito in memoriam:

"Como Presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo e en representación das trece comunidades de montes que aglutinan a måis de 4000 comuneiros e comuneiras síntome na obriga de escribir estas liñas IN MEMORIAM de Pepe de Beade, un auténtico referente do movemento comunal en Vigo, e finado este domingo 17 de novembro de 2019.
Sempre que penso en José Rodríguez Fernåndez (1949-2019) me veñen å mente tres verbas: traballo, constancia e xenerosidade, os valores propios dun comuneiro.
Co seu traballo como presidente da Comunidade de montes veciñal en man comĂșn de Beade dende 1993, os montes desta parroquia son un exemplo de impecable xestiĂłn forestal, combinando o equilibrio entre monte destinado ao goce da parroquia e da cidadanĂ­a de Vigo -o Parque Forestal de Beade Ă© dos mĂĄis concorridos e valorados do concello- e monte produtivo que lle permite o mantemento polos seus propios medios. 
Nesta laboura mantívose constante durante måis de 26 anos: era o decano dos presidentes de Vigo. Houbo momentos difíciles como cando tivo que porse ao fronte das expropiacións ocasionadas pola Autovía do Val Miñor e pola VG-20, así como pola Universidade de Vigo. Pero tamén cando apostou por reinvestir os fondos logrados polas expropiacións para devolverllos å sociedade en forma de espazos de lecer, en centos de cerdeiras que subministran a famosa Festa da cereixa de Beade, etc. En todo caso, o importante é o día a día pois como ben coñecemos os que nos adicamos ao monte, unha vez plantada unha semente logo hai que estar ahí facéndolle a limpeza, o desbroce, a poda, etc: ata os 25 anos como mínimo non se ven os resultados; e se non che ven un lume ou unha praga que chos leva por diante.
Todo isto forma parte do adn da xeralidade dos responsables das comunidades de montes veciñais, e Pepe de Beade o encarnou con sobresaĂ­nte. Pero onde sen dĂșbida destacaba Pepe era na sĂșa xenerosidade, colaborando con mĂșltiples entidades sociais como a ANPA do CEIP Coutada-Beade, do Atletismo Beade, etc., asĂ­ como con calquera iniciativa que quixera empregar o monte para a sĂșa actividade. A foto que se achega corresponde precisamente a maio deste ano, onde a Ășltima Andaina polos montes de Vigo tiña unha saĂ­da dende os montes de Beade e Pepe fixo de anfitriĂłn. Pero onde me tiven que quitar o sombreiro foi cando tivo lugar o macrobotellĂłn nos montes de Beade en marzo deste ano e, despois de ver como o parque forestal quedaba como un autĂ©ntico vertedoiro, a sĂșa iniciativa foi falar co Reitor da Universidade para ver o xeito de que no prĂłximo ano se fixera outra vez, que para iso estaba o parque, e se podĂ­a ser un “pouco mĂĄis ordenado”. ChapĂł por Pepe".


Nombre

Actualidade,147,Destacado,89,eventos,9,
ltr
item
Montes de Vigo: AS COMUNIDADES DE MONTES DE VIGO DESPIDEN A PEPE DE BEADE
AS COMUNIDADES DE MONTES DE VIGO DESPIDEN A PEPE DE BEADE
https://1.bp.blogspot.com/-Al80ykYLNHo/XdQuNQX9NUI/AAAAAAAAFMY/ZI8E5LBFw2kiUCxW66AY2-Tc8UjX50yNgCLcBGAsYHQ/s320/Andaina19a-14.JPG
https://1.bp.blogspot.com/-Al80ykYLNHo/XdQuNQX9NUI/AAAAAAAAFMY/ZI8E5LBFw2kiUCxW66AY2-Tc8UjX50yNgCLcBGAsYHQ/s72-c/Andaina19a-14.JPG
Montes de Vigo
https://www.montesdevigo.org/2019/11/despedida-pepe-de-beade.html
https://www.montesdevigo.org/
https://www.montesdevigo.org/
https://www.montesdevigo.org/2019/11/despedida-pepe-de-beade.html
true
8322081761724650788
UTF-8
TĂłdolos artigos estĂĄn cargados Non se atopou ningĂșn artigo VER TODO Ler mĂĄis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS ARTIGOS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa tĂșa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes MĂ©rcores Xoves Venres SĂĄbado Dom Lun Mar MĂ©r Xov Ven SĂĄb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai mĂĄis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas tĂșas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da tĂșa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar