Mañán 15 de outubro van facer 3 anos dos lumes que debastaron un tercio dos montes de Vigo e que arrasaron os montes de Coruxo, Comesaña, Matamá, Valladares e Zamáns.
Dende a Mancomunidade de Montes de Vigo queremos realizar un sinxelo acto de lembranza as 11:00 no Parque Forestal do Maruxento (Matamá) (ver AQUI trazado dende a Praza de España) co que facer balance do acontecido nestes tres últimos anos.
Programa do acto:
- Colocación de placa conmemorativa no Miradoiro do Maruxento
- Intervención do Presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo, Uxio González.
- Intervención do Alcalde de Vigo, Abel Caballero
- Actuación Grupo de Gaitas.
Un dos aspectos sobre os que se falará mañán é sobre a necesidade de abordar a protección dos montes de Vigo diante dos grandes incendios, tal e como no seu día nos adiantou Juan Picos, Director da Escola de Forestais de Pontevedra, na celebración do 1º aniversario (descargar)