Montes de Vigo recibe a visita do Conselleiro de Medio Rural

 A Mancomunidade de Vigo tivo un encontro con José González, Conselleiro de Medio Rural, para abordar diversos temas relacionados cos montes periurbanos de Vigo, entre os que se atopan a franxa de defensa pasiva dos montes nos límites do termo municipal, o anel verde de Vigo e a reforestación dos montes queimados durante 2017.


En palabras do propio Conselleiro, os montes de Vigo son o claro exemplo de montes periurbanos e, sen dúbida, son modelo de xestión por parte das comunidades de montes con un claro uso social. Por tal motivo, a Consellería de Medio Rural ten previsto apoialos dentro do próximo Plan forestal de Galicia, tanto pola súa compoñente de espazo para o goce da cidadanía como liña de defensa diante de eventuais lumes que se aproximen á cidade. Converteríanse así nos primeiros montes periurbanos recoñecidos de Galicia.

Por parte do Presidente de Montes de Vigo, a súa vez, agradeceu a visita realizada e o apoio ás catro comunidades afectadas polos lumes (Coruxo, Comesaña, Valladares e Zamáns) e puxo de manifesto a necesidade da rápida actuación no tocante á franxa de defensa pasiva, competencia exclusiva da Xunta de Galicia, así como no tocante ao Anel Verde de Vigo, onde necesariamente ten que haber coordinación co Concello de Vigo. Ámbalos dous temas son necesarios e complementarios entres sí, e son o único xeito de tentar unha efectiva defensa de Vigo diante dos lumes, evitando o risco que se evidenciou en outubro de 2021.

O Conselleiro concordou nesta complementariedade nas actuacións solicitadas e, particularmente , sobre o Anel Verde, manifestou a súa disposición absoluta a desatascalo de inmediato e a sentarse nunha mesa de traballo mañàn mesmo co Concello de Vigo e Montes de Vigo, para botalo a andar e lograr así atraer fondos Next Generation da Unión Europea. Non facelo sería unha falla de responsabilidade que non debería producirse por falla de entendemento entre administracións.

Nombre

Actualidade,140,Destacado,82,eventos,5,
ltr
item
Montes de Vigo: Montes de Vigo recibe a visita do Conselleiro de Medio Rural
Montes de Vigo recibe a visita do Conselleiro de Medio Rural
https://1.bp.blogspot.com/-I1wketCKbAo/YXKYnpJFXhI/AAAAAAAAF6g/V0ZOjkLDo5onZCnNnFj6Gn62J_zJVj_MQCLcBGAsYHQ/w640-h426/2021-10-22%2BVisita%2BConselleiro-1.JPG
https://1.bp.blogspot.com/-I1wketCKbAo/YXKYnpJFXhI/AAAAAAAAF6g/V0ZOjkLDo5onZCnNnFj6Gn62J_zJVj_MQCLcBGAsYHQ/s72-w640-c-h426/2021-10-22%2BVisita%2BConselleiro-1.JPG
Montes de Vigo
https://www.montesdevigo.org/2021/10/visita-conselleiro-medio-rural-montes-de-vigo.html
https://www.montesdevigo.org/
https://www.montesdevigo.org/
https://www.montesdevigo.org/2021/10/visita-conselleiro-medio-rural-montes-de-vigo.html
true
8322081761724650788
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS ARTIGOS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar