Chega o inverno e como todos os anos por estas datas realízanse plantacións nos Montes de Vigo. Nesta ocasión ten lugar na Comunidade de Montes de Matamá entre os días 15 e 17 de decembro a cargo de 3º e 4º da ESO de San José de Cluny e de todo o alumnado do CEIP Valle Inclán.
O obxectivo é rexenar unha carballeira que ardeu nos lumes de 2017 e que a comunidade de montes acondicionou para acoller 400 novos árbores.
Previamente á plantación o alumnado recibe unha charla a cargo de Indalecio, o presidente da CM de Matamá, na que se contextualiza a plantación no marco do plan de ordenación do monte e, a súa vez, se lles explica como funcionan os montes veciñais en man común.
Posteriormente o alumnado é acompañado con monitorado para explicarlles o sistema de plantación. Ao finalizar a actividade visítase a Lagoa de Maruxento, onde se está creando un reservorio de anfibios, así como o Miradoiro de Maruxento. Todo un día de inmersión nos montes de Vigo