Dentro do "Reto Cinturón Verde" que se plantexou o CEIP Valle Inclán, tivo lugar no día de hoxe a última fase prevista: facer a plantación das árbores coidadas no centro ao longo do curso pasado. Na actividade participou a totalidade do centro e contou coa colaboración de persoal de Montes de Vigo e da Comunidade de Montes de Matamá.
O día resultou moi agradable tanto climatolóxicamente como en termos de tarefa. O alumnado de 3º a 6º de primaria participou na plantación de 100 carballos dentro repoboación programada pola Comunidade de Montes de Matamá nun dos espazos queimados nos lumes de 2017. Con esta acción completouse unha plantación de 800 árbores na zona, que aspira a converterse nunha fermosa carballeira nos próximos 30 anos.