Montes de Vigo renova a súa Xunta Executiva e acorda celebrar o 25 aniversario

 A Mancomunidade de Montes de Vigo renovou a súa Xunta Executiva na asemblea celebrada o martes 22 de febreiro. Asemade, os cargos escollidos tomaron posesión na sesión da Xunta Directiva do venres 25 de febreiro, acordando a celebración do 25 aniversario da Mancomunidade de Montes de Vigo o vindeiro sábado 7 de maio, pola mañá


Na Asemblea extraordinaria do 22 de febreiro escolleuse como presidente de Montes de Vigo a Uxío González Pérez, actual presidente da Comunidade de Montes de Saiáns. A elección tivo lugar por unanimidade e cunha vixencia para o período 2022-25.

O equipo escollido para acompañar ao presidente na Xunta Executiva está formado por: Gregorio E. Álvarez Pereira (Vicepresidente, presidente da C.M. de Valladares), Emilio Saco Pérez (Tesoureiro, presidente da C.M. de Beade), Enrique Novoa Fernández (Secretario, C.M. de Matamá), José González Dominguez (Vogal, E.L.M de Bembrive) e Agustín Iglesias Carreira (Vogal, C.M. de Comesaña).

A nova Xunta Executiva reuniuse para a súa constitución o 25 de febreiro e, entre outros asuntos, decidiu celebrar o 25 aniversario da Mancomunidade de Montes de Vigo o vindeiro sábado 7 de maio, pola mañá. Para tal fin iniciouse a elaboración dun programa de actos ao que se van convidar a todos e todas as comuneiras participantes nas Xuntas Reitoras das 14 comunidades de montes de Vigo, así como a destacadas persoalidades que contribúen ao desenvolvemento do movemento comunal e a os representantes do Concello de Vigo e da Xunta de Galicia.


Nombre

Actualidade,140,Destacado,82,eventos,5,
ltr
item
Montes de Vigo: Montes de Vigo renova a súa Xunta Executiva e acorda celebrar o 25 aniversario
Montes de Vigo renova a súa Xunta Executiva e acorda celebrar o 25 aniversario
https://blogger.googleusercontent.com/img/a/AVvXsEjVkZ7W_xxX46eVpKov73qLxqnW_oYWp_lTvUSrIs0cKVuZJqEdPNR0urQ_YacHrHlWGmSdmxC9_2SgZog95yyNQe10x5pmNkfzxAsRaCi3SEXXYVzdbvjKcaGGDi-Qn523EW02QJTAb5JoNnmEqTcOkrQTzBF6EyCghgPjaVRQan117tjRkGAJt554yw=w400-h300
https://blogger.googleusercontent.com/img/a/AVvXsEjVkZ7W_xxX46eVpKov73qLxqnW_oYWp_lTvUSrIs0cKVuZJqEdPNR0urQ_YacHrHlWGmSdmxC9_2SgZog95yyNQe10x5pmNkfzxAsRaCi3SEXXYVzdbvjKcaGGDi-Qn523EW02QJTAb5JoNnmEqTcOkrQTzBF6EyCghgPjaVRQan117tjRkGAJt554yw=s72-w400-c-h300
Montes de Vigo
https://www.montesdevigo.org/2022/02/nova-xunta-directiva-montes-de-vigo.html
https://www.montesdevigo.org/
https://www.montesdevigo.org/
https://www.montesdevigo.org/2022/02/nova-xunta-directiva-montes-de-vigo.html
true
8322081761724650788
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS ARTIGOS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar