RESOLUCIÓN DA OFERTA DE EMPBREGO - 23/2/22
Reunida a Comisión de Selección de persoal dentro da Convocatoria de Subvencións para o Fomento de Emprego de ESAL 2022 do Concello de Vigo, atendendo aos criterios publicados, decidiu a seguinte clasificación definitiva por puntuación de candidatos/as a peón forestal, así como a lista de suplentes (descargar):
Dado que os contratos se inician o día 1 de marzo, cabe reclamación á selección efectuada ata o 28 de febreiro as 10:00h.
OFERTA DE EMPREGO - 16/2/22
A Mancomunidade de Montes de Vigo, ao abeiro da Convocatoria de Subvencións para o Fomento de Emprego de ESAL 2022 do Concello de Vigo, abre unha oferta de emprego ata o día 22 de febreiro para os seguintes postos e perfís:
- 11 Peóns forestais con contrato de 40 horas semanais
- 7 Peóns forestais con contrato de 30 horas semanais
- 7 Peóns forestais con contrato de 30 horas semanais
Lembramos a todas as persoas candidatas que a documentación a presentar no prazo indicado é: DNI, Tarxeta de desemprego actualizada, Padrón e Curriculum Vitae. O non cumprimento deste requisito será motivo de exclusión.
O correo electrónico ao que se pode enviar a documentación é: montesdevigo@outllook.com
No caso de presentación presencial, terá lugar de luns a venres en horario de 15 a 19h na sede da Mancomunidade en Rúa Eira Vella 4 - Saiáns.
Para calquera aclaración está dispoñible o teléfono 608046047 en horario de oficina.